
Para o protagonista, Carlota era unha rapaza diferente as demais e tiña moita curiosidade porque a el sempre lle encantaba exercer de detective. Ían quedar de vez en cando para intercambiar a información obtida e as distintas fontes utilizadas. No caso de Flanagan tiña un amigo que coñecera nunha charla do instituto o Doutor Bardet que lle axudaba no tema. Pronto Flanagan empezouse a fixar en Carlota como algo máis que unha amiga. Con ela comprenderá o difícil que é, dende o punto de vista dun mozo, poder entendela.
Recomendo este libro a todos aqueles que lles gusten as novelas con moita aventura e intriga, tamén lendo este libro terase unha gran información sobre o sexo e todo o relacionado con el.
Outra novela similar a esta "O diario vermello de Carlota" escrita pola moza que coñece Flanagan na que expón as súas experiencias dende un punto de vista femenino.
Ligazóns interesantes:
-Información sobre os autores:
-Vista previa do libro, preme aquí.
-Máis información sobre o libro, aquí.
___Fernando Costa Veiga 3ºA___