Andrés Domínguez e Ana Vázquez. 3º ESO B.
Lemos para entender, ou para comezar a entender. Non temos máis remedio que ler. Ler, case tanto coma respirar, é a nosa función esencial. Alberto Manguel
5.6.12
Actuación musical de SÉS
O día 31 de Maio tivo lugar a actuación do grupo musical SÉS no IES Elviña. En xeral a actuación foi un éxito. Os integrantes do grupo, María Xosé Silvar e Tito Calviño ofreceron unha actuación musical acompañada de moito humor e frescura, cunha música moderna de varios tipos pero sen deixar atrás ese toque galego que lle damos á nosa música.
Tamén nos presentou os seus ideais mesturados nos seus discursos e nas súas letras que presentaban unha forte e directa crítica social ao Goberno da dereita, o que causou seguramente un impacto atroz de desacordo para algúns e outros que coincidiron totalmente coa opinión do grupo SÉS.
Andrés Domínguez e Ana Vázquez. 3º ESO B.
Andrés Domínguez e Ana Vázquez. 3º ESO B.