24.10.12

as redes sociais

Eu penso que as redes sociais son unhas boas ferramentas da rede que serven para intercambiar e obter información sobre o noso arredor, pero sempre con certas precaucións, xa que a información pódese filtrar pola rede e perder o seu control pra sempre.
Pero para os casos nos que menores de idade son acosados ou ameazados, existe unha sección da policía que se dedica a frear delitos deste tipo.
Aínda así hai que ter moito coidado porque a axuda non sempre chega pronto e, como ben din o dito: máis vale prevenir que curar.
Por exemplo, o caso de Amanda Todd, unha nena de Canadá que se suicidou polos acosos recibidos por subir determinada información íntima nunha rede social.O que ditamina que aunque non o creas o risco sempre está aí e hai que tomar sempre as medidas correctas para poder disfrutar moito das oportunidades que nos ofrece a Internet.


Ignacio García Sánchez   3º ESO A