Mostrando entradas con la etiqueta 2012/13. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2012/13. Mostrar todas las entradas

3.12.13

O meu nome e apelidos

Aarón
O meu nome e de orixe hebreo e descoñecese o seu significado aínda que pode ser luz, iluminado montañes,alto ou instructor.
Lema
O inicio do apelido Lema encontrase no pobo israelita, xa que e de herencia xudía.O apelido orixinal parece ser Levi, Os Levi que foron a suíza alemana, teñen o apelido Leneehman, quenes estacionaron no territorio francoparlante,levan o apelido Lemaitre, e aqueles que quedaron na suíza italiana e en parte Xinebra, levan o apelido Lema.
Miranda
Miranda é un apelido de orixe asturiana. As primeiras mencións a os Miranda prodúcense en Asturias. Dícese que logo coas invasións xdos españois a Italiao apelido chegou a Nápoles e instalouse ali sendo considerado un apelido italiano.
E os meus país puxéronme o meu nome porque era exótico

25.9.13

Eu Son

Hola mamá.

Somos os teus fillos Adrián y Daniel, queriamos decirte que che querememos moito .
Este ano empezamos 3º da ESO, é un ano moito mais complicado por que e un curso mais complicado que o anterior, son novas materias , novos profesores e novas formas de aprendizaxe.

24.6.13


Historias para ler e mirar:
É un libro editado pola Xunta que recolle catro relatos, dous deles son:
A viaxe, de Breogán Riveiro parte do premio que por ter deixado de fumar se regalou a si mesmo o pai de Suso: un GPS. Para estrealo montaron no coche e deixáronse guiar por el deica o supermercado, a trescentos metros, e mesmo marcharon a Santiago para xantar nun restaurante xaponés pescado cru. Na estrada, soluciónabanlles os problemas os indicadores sen necesidade do GPS, e na cidade apareceron rúas con dirección prohibida e mesmo unha peonil, polo que chegaron ao restaurante preguntándolle a unha muller. El non o quixo usar máis. Agora úsao a avoa para os seus paseos e os vellos do parque devecen pola voz feminina que se escoita indicándolles o rumbo.
Fran Alonso entra no Café Tropical, un Café virtual ao que vai a xente para cumprir os seus anceios, persoas solitarias como o Velliño (que coa súa longa tristura de elefante dicía vir do País dos Soños), a Personaxe (unha nena alegre e divertida que quería ser Persoa e non habitar só nas narracións) ou o Cazador de Bolboretas Brancas. Ten unha Máquina que cumpre todos os desexos. O Neno é quen mellor a manexa, o Rei da Máquina. Decide cambiar o Café e as persoas: cambia as flores de plástico por ladrillos e espellos; as bolboretas por escaravellos, e a todos os personaxes clientes do local. Mesmo se converteu a si mesmo nun periquito. E todo cambiou na realidade. Un periquito sobrevoou aquel lugar horrible. Algún día, co seu canto, volverían agromar as flores de plástico e entraría unha bolboreta. Se cadra, todo volvería ser real.



A sombra descalza:
E un libro de An Alfaya que conta a historia de Elsa , unha nena de dezaseis anos que vive dende pequena nun continuo espazo de secredos familiares.
A irma da súa avoa, Sagrario, vaga sempre descalza e sen dicir nada, nunca fala con ningue e come as sobras que os de mais deixan. Cando morre, Elsa pide explicacios, quere saber que foi o que fixo para ter un castigo tan grande.
O seu avó contalle. O dia do cumpreanos de Sagrario, por causa da guerra civiil atacaron a cidade, e morreu moita xente. Sagrario apareceu enton cun vestido caro e novo e uns bonitos zapatos, ninguen sabía de onde os sacara en enton dixo que a moza aq que llos quitou non os ía necesitar estando morta.
Aquela accion costarialle o andar descalza toda a vida.

19.6.13

as chamadas perdidas

Este libro escrito por Manuel Rivas recolle moitas historias  propias ou escoitadas de amor e eceas cotiás,  pero como se fose unha autobiografía ficticia, algunhas máis largas e cun nó completo e outras que simplemente son pequenos relatos.
A min gustoume especialmente pola maneira de contalas historias, como se as levase dentro, ou sexa vividas por él.  Tamén gustoume que utilizase nas historias a localización, en A Coruña e arredores porque faino máis cercano e coñecido.
Teño que recoñecer que tiven certas dificultades ao lelo, porque ao cambiar tan rápido de relato cústame adaptarme ao novo e cando xa estou nel metido, cambia de conto e faime un lío.
Pero aínda así o recomendo á xente porque aprendes cousas que non sabías do pasado na época da ditadura franquista e cercanos.


IGNACIO GARCÍA SÁNCHEZ 3ºA

18.6.13

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS.


Este libro trata dun rapaz parisino que ten que marchar a Auvers-sur-Oise a pasar unha tempada coa súa tía debido ás dificultades económicas que padece a súa nai; non lle gusta o campo en absoluto.

As primeiras semanas o pasa mal, non está acostumbrado a este novo estilo de vida e alí é considerado un neno de cidade, incluso os outros rapaces o maltratan. Pero esta situación da un xiro radical coa chegada ao pobo Vincent, ao que persegue e o descubre pintando. Máis tarde, o protagonista e Vincent establecen unha gran relación de amizade. Vincent encontra o seu amor, pero este vese truncado xa que o pai da señora non quere que estén xuntos. A partir disto Vincent atravesa unha etapa moi difícil e comeza a  facer auténticas barbaridades.

Alejandro Teira. 

13.6.13

Sexo, (amor), cartas, a Pardo Bazán e Galdós

Se o público soubese que ti e máis eu… Estamos ao final dos anos 80 do século XIX e Emilia Pardo Bazán, a polémica escritora que trouxera de Francia o naturalismo (reinterpretado en certo grado) con ‘La cuestión palpitante’, escríbelle a Benito Pérez Galdós, un dos autores máis populares do momento, un dos máis respectados e lidos, unha figura clave pola [...]

12.6.13

OBRA DE TEATRO.

Iban Marcos, o seu pai Alex e o seu amigo Pedro camiñando polo Orzán.

M: -Eu pensó que hoxe vamos a gañar, temos moito mellor equipo cos portugueses, gañamos seguro.

A: -Xa, eu tamén penso que podemos gañar.

P:  -Pois eu non son tan optimista...

M: Como que non! Vamos a gañar seguro eh... Mirade, mirade, que é iso? parece una entrada para o partido desta noite.

Pedro e Alex comezan a correr pero Pedro é quen chega antes.

A: A entrada é para min, a viu meu fillo, non é xusto!

P: E que? Quen a encontrou? Eu, asi que...

10.6.13

FACENDO TEATRO

Nesta obra as personaxes estan interpretadas por:

.Diego López como Nicolás Rubio ( N.R )
Alejandro Cedeira como Celtarra ( Celtar. )
Carlos Yunga como Policía ( Policia )
Ignacio García como Enrique Ponte ( E.P )
Xesús Figueroa como Fernando Seijás ( F.S )
Ánxel Granel como Alfonso Fernandez

F.S : Vamos Enrique! ( Con sentimento )
N.R : GOOOOOOOL!
A.F : ... de Enrique! ( Alivio )
N.R : 1-0!
Celtar. : Calade oh! Que vos metemos 5 aínda.
A.F : Sí, sí, pero ... GOOOOL! ( Con vacile )
Celtar. : Voume, estou farto.
E.P : Vamos Dépor! Metín gol!
N.R : Eu salto ao campo.
F.S : Irei eu tamen.
N.R : Enrique! A camiseta!
F.S : Quero un fillo teu!
E.P : Toma. ( Ilusionado )
N.R : Bo partido, ao final un 4-0, que ben. Vémonos mañan?
F.S : Dacordo.
A.F : Ás 12:00 no Bar 'Agarimo', o que está a volta da esquina.

Experiencia obra de teatro

                                                                     O que aprendín :

                             Nas pasadas semanas Pepa e máis Lois, mandáronnos facer en grupos, unha obriña de teatro. A experiencia foi fantástica e a todos nos apetece repetir. Foron moitas risas e gargalladas, pero ao mesmo tempo íamos moi enserio.

                             Traballamos en equipo, houbo pelexas e disputas por haber quen facía de protagonista, e quen de antagonista, pero axudoume a recapacitar, a que non nos temos que conformar co primeiro que facemos, ou que a primeira idea que teñamos non ten que ser a mellor.

                            A conclusión que saco é, non só hai que creerse maior, senón pensar como un maior
Diego L.

Roberto Vidal Bolaño



Este ano celébranse as letras galegas en nome de Roberto Vidal Bolaño, un gran home.
Naceu en 1950, foi director, iluminador e dobrador.

 Fundou o Teatro Antroido en 1974, foi a súa primeira compañia teatral profesional. Entre outras obras:
 Animaliños, Rastros, Laudamuco e Señores de Ningures.

 El era un centrador da autocrítica e da valentía. Tiña tal compromiso polas súa obras, que as intentaba facer hacia os espectadores, que as sentisen.

Aqui amósase algúnhas oracións, aínda que destacou máis no teatro.



Finalmente morre o 14 de Setembro de 2002
Diego L

27.5.13

A nosa música na rede




VIGO
A canción en galego que máis crece en Youtube: un rap vigués
O tema Apréndeo, de Aid, supera o medio millón de visitas procedentes de todo o mundo. Agora presenta o seu segundo disco, Facer o que queroLa Voz de Galicia

16.5.13

Un ano máis, celebramos as Letras Galegas

Unha maneira de repasar a historia deste evento e adentrarnos na figura deste ano

14.5.13

Facemos teatro


Hoxe imos facer una excursión á biblioteca, á exposición de retratos. Aquí aparecen recollidas algunhas vivencias de antepasados do alumnado de Oleiros. Sorpréndevos algunha, varias?  Seguro que varias.

Pois ben, formemos grupos de catro. Cada grupo escolle dúas ou tres experiencias reflectidas nos retratos. Se as combinamos, que pode pasar? Que personaxes aparecerían? Que diálogo terían entre eles?

Sentémonos e comecemos a deseñar o guión dunha obriña teatral. (No libro, páx. 160, tedes algunas ideas e aquí tamén). Tede en conta varias cousas:

-Cada un do grupo ten que ter un ou varios roles na obra.

-Pode ser dramática, cómica, máxica… para rir, reflexionar…

-Non estaría mal inmiscuír ao público na representación.

-Pode estar enfocada desde o presente ou desde un futuro que rememora o pasado.

-Ollo co contexto: debemos ter en conta a situación familiar, social ou política do momento. E, claro está, a caracterización dos personaxes (cara, roupa…) ten relación co anterior.

Só falta pór mans á obra e arredor do 17 de maio (dedicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño) comezaremos a representación

26.4.13

Obradoiro da poesia

Onte houbo unha actividade de 2 horas;a min gustoume moito.Unha señora moi agradable e con moito espirito.Contounos porque facia poemas ,e pra ela como o intentou que o entenderamos que era unha maneira de desconectar e moi entretida para o que lle gustaba escribir.Tamèn nos dixo que pensaramos nunha palabra e despois decir porque a escollemos.A min aportoume a que a facer poemas é unha maneira moi boa de pasar un bo rato ti só.
esta e a señora: Dores Tembras.
Moitas grazas por este obradoiro

3.4.13

O misterio do Grial

Todo empeza con o encargo dun cliente dunha investigación muy importante , cando o xefe da Axencia de Detectives estaba de vacaciones. Suso, é o protagonista, un detective. Suso informa ao xefe de que trátase da desaparición do Santo Grial de Ó Cerbeiro, que o quere recuperar a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago. Suso decíde entrometerse na búsqueda de pistas, viaxando directamente a Ó Cerbeiro. É unha historia na que a súa vida corre perigo. Se queres saber os misterios que lle agardan, xa sabes, le o libro.

A min gustoume personalmente pola aventura que fai Suso e os misterios que se encontra.

Diego L

27.3.13

Carmelo Anthony, axuda a Galicia.

Ano 2013, o xogador de baloncesto Carmelo Anthony, ten un terrible accidente, e queda en coma. Mentres esta neste período, ten un soño. Viaxa ao pasado, exactamente a Gallaecia no século XVIII, era un terra nova pra el, pero claro, non tiña os avances tecnoloxicos, que hai agora. Entérase de que aos galegos os acababan de invadir os romanos. Algo moi tráxico, porque se estaba perdendo o falar galego.

 Entón vai en busca de axuda, para parar ese suceso. Coñece a o padre Sarmiento, estaba facendo un Rexurdimento. Pasa alí tanto tempo, que ata coñece a unha muller, teñen fillos e familia. E el vólvese un trobador, que vai por toda españa, ata portugal, cantando a cantigas de amigo, que xunto co padre sarmiento fai que Galicia, rexurda das cenizas. 

De pronto, espértase do coma, e dase conta de que Galicia foi a que foi, e non ten porque ser peor agora, deixa o baloncesto, vaise a vivir a Os Ancares, e fai despertar a o galego que hay en cada un de nós. Para que non poida desaparecer, a lingua que seculos atrás, fora importante.

18.3.13

Xogamos e aprendemos con Rosalía de Castro



Un LIM para repasar cousas sobre Rosalía de Castro

7.3.13

O diario vermello de flanagan.


Opinión persoal:

Un libro moi bo, ten unha historia moi informativo sobre sexo e todo asociado a el. Peto ambas as experiencias do protagonista sobre iso e varias opinións diferentes de todos os seus amigos, que tamén existe na realidade, moitos dos cales son incertas ou imprecisas debido á falta de información recibida e concepto como "misteriosa" e absurdo que desde os tempos antigos tivo sexo. En conclusión, eu creo que é un libro interesante para ler.

Recomendación:

Eu recomendo este libro a calquera adolescente, sobre todo porque nesta fase é cando comeza a ter interese en sexo, polo que debe ter un coñecemento completo do que é, o que é e todo o que ela engloba, ea razón por que facelo con coidado, é moi importante e moitas veces esquecido, causando consecuencias inesperadas, como o embarazo ou enfermidade. Todo isto e moito máis, está escrito nesta historia, e por iso que eu creo que este libro serve para ter unha información ampla e específica do sexo, especialmente na adolescencia.


12.2.13

Tempo de entroido


O entroido está á volta da esquina. Dentro das festas populares galegas, tal vez sexa unha das máis vividas pola poboación. Alguén non sabe de que vai? Quizás unha persoa recén chegada dun país misterioso. Esa persoa pode ser un/unha de nós que vai realizar unha reportaxe sobre este tema.
Para iso podemos seguir estes pasos:
-Recollida e selección de información: orixe, zonas destacadas, elementos utilizados, participación popular, comidas típicas, personaxes,  días en que se celebra a festa…
Elaboración do traballo a partir dos seguintes elementos:
     - Titular sedutor
     - Introdución
           -De onde vés e por que estás neste país
     - Corpo:  
-Impresións á chegada.
-Descricións da xente e forma de vida.
-Personaxes.
 -Entrevistas (pode ser con opinións contrarias), comentarios, declaracións...
-Anecdotas, incidentes.
 -Cancións.
 -Fotos
     Conclusión
        Pode e debe haber ligazóns a páxinas ou vídeos que aclaren algún aspecto