Mostrando entradas con la etiqueta E. PARDO BAZÁN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta E. PARDO BAZÁN. Mostrar todas las entradas

13.6.13

Sexo, (amor), cartas, a Pardo Bazán e Galdós

Se o público soubese que ti e máis eu… Estamos ao final dos anos 80 do século XIX e Emilia Pardo Bazán, a polémica escritora que trouxera de Francia o naturalismo (reinterpretado en certo grado) con ‘La cuestión palpitante’, escríbelle a Benito Pérez Galdós, un dos autores máis populares do momento, un dos máis respectados e lidos, unha figura clave pola [...]

12.6.13

Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán é, segundo a miña opinión, un exemplo a seguir para todas as mozas, xa que loitou por un mundo máis xusto e con menos desigualdades sociais e además, fixo grandes fazañas nunha época moi mala para a vida das mulleres. Esta película demostrou que un pode pelexar polo que quere, e que os estereotipos feitos polos homes, pódense romper. Conseguiu que a admitieran no Atene, grazas a súa forza de voluntade, e a súa carisma para escribir poesía, logrou o recoñecemento que ela merecía.

Guillermo P

EMILIA PARDO BAZÁN

Ata nós chega unha literatura de hai séculos, unha literatura da mán dos mellores escritores daqueles tempos.  Un exemplo é Rosalia de Castro, do século XIX e principal precursora da literatura galega. Unha muller escritora, e loitadora. Neste mesmo século , Emilia Pardo Bazán, outra muller escritora, abríase oco entre os máis ilustres. Sempre loitando polo seu recoñecemento.

Emilia era unha muller galega, nacida o 16 de Setembro do ano 1851, na Coruña. Vivía en moi boas condicións xa que procedia dunha familia nobre. Casada, e nai de tres fillos, a súa vida cotía relegábase, segundo os ollos do seu marido, as tarefas do fogar, malia que iso era o esperado, Emilia escribía, e escribía as mellores novelas en castelán. O seu traballo non era enteira mente recoñecido polo feito de seren unha muller escritora. Considerábase que a muller non podía ter un oficio e adicarse plenamente a el.

A sociedade aínda non estaba preparada para a igualdade. Na educación a muller non se consideraba propia para teren uns estudos igual ós dos homes.
Emilia sobre todo isto, un amor pola literatura, que non pode deixar crecer os ollos da sociedade polo machismo que se vive nesta época.