12.2.13

Tempo de entroido


O entroido está á volta da esquina. Dentro das festas populares galegas, tal vez sexa unha das máis vividas pola poboación. Alguén non sabe de que vai? Quizás unha persoa recén chegada dun país misterioso. Esa persoa pode ser un/unha de nós que vai realizar unha reportaxe sobre este tema.
Para iso podemos seguir estes pasos:
-Recollida e selección de información: orixe, zonas destacadas, elementos utilizados, participación popular, comidas típicas, personaxes,  días en que se celebra a festa…
Elaboración do traballo a partir dos seguintes elementos:
     - Titular sedutor
     - Introdución
           -De onde vés e por que estás neste país
     - Corpo:  
-Impresións á chegada.
-Descricións da xente e forma de vida.
-Personaxes.
 -Entrevistas (pode ser con opinións contrarias), comentarios, declaracións...
-Anecdotas, incidentes.
 -Cancións.
 -Fotos
     Conclusión
        Pode e debe haber ligazóns a páxinas ou vídeos que aclaren algún aspecto