14.5.13

Facemos teatro


Hoxe imos facer una excursión á biblioteca, á exposición de retratos. Aquí aparecen recollidas algunhas vivencias de antepasados do alumnado de Oleiros. Sorpréndevos algunha, varias?  Seguro que varias.

Pois ben, formemos grupos de catro. Cada grupo escolle dúas ou tres experiencias reflectidas nos retratos. Se as combinamos, que pode pasar? Que personaxes aparecerían? Que diálogo terían entre eles?

Sentémonos e comecemos a deseñar o guión dunha obriña teatral. (No libro, páx. 160, tedes algunas ideas e aquí tamén). Tede en conta varias cousas:

-Cada un do grupo ten que ter un ou varios roles na obra.

-Pode ser dramática, cómica, máxica… para rir, reflexionar…

-Non estaría mal inmiscuír ao público na representación.

-Pode estar enfocada desde o presente ou desde un futuro que rememora o pasado.

-Ollo co contexto: debemos ter en conta a situación familiar, social ou política do momento. E, claro está, a caracterización dos personaxes (cara, roupa…) ten relación co anterior.

Só falta pór mans á obra e arredor do 17 de maio (dedicado ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño) comezaremos a representación