2.5.13

"A Cova das vacas mortas" Jaureguizar



Esta novela está protagonizada por Xoel, mozo de 16 anos que vive nunha comuna xunto ao encoro de Negueira de Muñiz. Non sabe quen foi seu pai e a nai cultiva marihuana que vende en Lugo para logo gastar nas festas. El fala galego e español que aprendeu no colexio e coa nai aprendeu a lingua de Alemaña. Vai ao instituto, cruza o encoro en barca. Hai problemas porque agora que se abriu a estrada os vellos donos reclaman as casas abandonadas e a garda civil ten que desaloxar. Pero a Foxo chega o vello avó de Alemaña e todo vai cambiar. Trae unha super 8 que grava todo, anda enfermo e ten que cambiar os cueiros cada pouco, fala sempre dunha cineasta que colaborou con Hitler... van empezar a pasar moitas cousas e de repente, demasiadas... ata chega Iria, unha fermosa moza da capital, e...

Novela premio da F. Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2006. Lese dun golpe: o amor adolescente, o cine, a ecoloxía, a liberdade.

Alberto