O libro que lin é da escritora Christine Nostlinger. Trata dun rapaz chamado Ewald que sacou todo sobresaintes menos en inglés que sacou un suficiente. A súa nai moi disgustada decide traer a un inglés de intercambio durante seis semanas para que Ewald aprenda a falar e a escribir en inglés.Ewald non está de acordo, pero a súa nai lle da igual. Cando chegan ao aeroporto encóntranse a Jasper, o irmán de Tom (o neno que iba vir de intercambio, pero non puido porque se rompeu unha perna) Jasper é un neno maleducado, sucio, e non para de comer, e para rematar namórase perdidamente.... Tanto Jasper como Ewald e Bille, a irmá de Ewald, terán un verán moi interesante. Este libro gustoume porque che enseña a convivir con xente diferente a ti e a escoitar e comprender mellor as persoas.Leticia
Lemos para entender, ou para comezar a entender. Non temos máis remedio que ler. Ler, case tanto coma respirar, é a nosa función esencial. Alberto Manguel