30.10.12

Un bosque cheo de faias

Esta novela trata dun grupo de rapaces, en concreto tres, que soían facer quedadas nun bar chamado "O Grapas", onde comentaban as anécdotas, falaban de rapazas... Un día, un deles trouxo un novo amigo, chamado Nelson, que viña do Senegal co seu pai, que traballaba como médico nun hospital.
Un día Nelson foi a xunto o seu pai ao hospital dado que tiñan una pequena festa, á volta a casa un grupo de nazis atacaron a Nelson e máis ao seu pai. Cando os demais rapaces enteráronse disto, os rapaces empezaron a investigar sobre quen podían ser ese grupo de nazis... As sospeitas comezaron, empezaron a desconfiar do dono do Grapas (Caride). Nelson, encontrou uns papeis con mensaxes nazis entre uns apuntes que lle deixara Manuel, un dos rapaces, e desde este momento comeza a sospeitar duns dos seus mellores amigos...

Con esta novela aprendín cousas interesantes, como poder chegar a ser de dura a vida dun adolescente afectado polo racismo e a adolescencia.
Escritor: Francisco Castro

TEIRA CHOUZA, ALEJANDRO 3ESOA