É a segunda parte do libro de "Poderosa". Vai de Joana Dalva, unha nena que todo o que escribe vólvese realidade. Joana está nunha situación complicada; seus pais están separados, a súa avoa está gravemente enferma e o seu irmán é un trasto. A avoa remata morrendo debido á súa enfermidade, e encárganlle a Joana que faga o epitafio. No funeral, coñece a Henrique, un antigo namorado da súa avoa bastante curioso. O tempo pasa e Joana recupera á súa vida normal, ata que lle poñen un traballo de clase de entrevistar a persoas maiores, co cal vai a unha residencia. Cando está entrevistando a unha anciá, ela ve a súa falecida avoa.
Lemos para entender, ou para comezar a entender. Non temos máis remedio que ler. Ler, case tanto coma respirar, é a nosa función esencial. Alberto Manguel