7.12.12

Conta saldada. Resume.

Conta saldada é unha novela narrada por unha adolescente de 17 anos chamada Catuxa Castro Hermida. O pai de Catuxa morrera facía tempo por un suposto suicidio. Un día Catuxa acudiu a oficina do seu pai, e tras ver que o seu ordenador estaba encendido, diuse de conta de que estaba presenciando a aparición do seu pai facía uns días atrás, e contoulle que o que realmente pasou aquel día foi que uns compañeiros de traballo o mataran por unha pérdida de diñeiro. Tamén contoulle a existencia dun irmán do que Catuxa non tiña coñecementos chamado Xermán. O fantasma do pai, por chamalo dalgunha maneira, cóntalle onde se atopa agochado o diñeiro, co cal, unha parte sería para Catuxa, e o outro para Xermán. Ela sente moita frustración e desexa con moitas ganas vengar a morte do deu pai. Os dous irmán comezan a argallar un plan. Nese momento ela identifícase coa célebre obra de teatro e comeza a argallar a vinganza. Ao principio os dous son desconfiados entre si pero pouco a pouco van entendéndose entre eles e a axudarse. Despois de descubrir quen eran os asesinos, os dous irmán, montáronse no coche de Xermán e dirixíronse hacia a casa dos asesinos. A primeira en entran na casa é Catuxa cunha escopeta, pero o asesino a descubre, lle quita a arma e a esposa. Más trade aparece un segundo asesino chamado Cotelo, pero Xermán baixou polas escaleiras e o matou. Xermán acabará matando ao asesino do seu pai,  e ambos serán cómplices doutro asesinato, o provocado pola muller do mafioso. Ao final Xermán e Catuxa volven as súas vidas, quedando impune o seu asesinato.

Alex G