12.12.12

No interior do Edén

Cando todos estamos durmindo, cando non temos nin idea do que ocorre fóra das nosas casas, comeza un novo día para eles. Érguense case á mesma hora que nós imos durmir. Pasean na inmensidade da noite e durmen polo día. Levan unha vida do máis cómoda, sen necesidade de saír da súa vivenda e, aínda así, non se lles quita a cara de morto..

- Xa vou canso de facer o mesmo todos os días! Veña a dar paseiños dun lado cara ó outro sen ter ninguén con quen falar.

- E logo, ti quen es ? - Exclamou Pedro Galán coma se tivera delante un fénomeno aínda sen descubrir.

- Estas tonto ou que ? De verdade, non sabes quen son ?

-  Cala Pedriño, como non vas saber quen é Manuel Murguía ? - Dixo Moncho Valcarze acudindo en axuda do seu inseparable Pedriño.

( Dereito e mirando de fronte )

-  Manuel Antonio Martínez Murguía, 17 de Maio de 1833, Arteixo, A Coruña, non teño alerxias.

- Que pasa Manueliño, eras do exército?

- E ti Galanciño meu naciche de cú? - Interviu Moncho, xa canso das parvadas do seu amigo.

- Son un historiador galego e o creador da coñecida Real Academia Galega, da que creo que xa tedes algunha idea.

- Menos mal, xa andábasme asustando..

- Certo Galanciño, esquecerame.. Pídelle desculpas Manuel, non sexas ruín.

- Non entendo nada, que ocorre exército?

- ( Coa mirada perdida ) O 18 de Xullo rexeitei a oportunidade de non perder a vida.

- Ofrecéranche a inmortalidade? - Preguntou cun ton irónico Manuel.

- Puiden fuxir ás Ámericas, pero decidín quedar na casa e continuar coa miña vida. O 10 de Setembro detivéronme e fun asasinado polos fascistas.

- Seguro que o merecias, algunha trasnada farías.

- Iso, iso..

- Ti non bromees moito Monchiño que xas nos contaron Eustáquia e Ramona ,as vellas do 86, que che detivéron en Betanzos.

- Que va oh, se eu son un santo.

- Mellor dito, un morto. - Dixo algo molesto Pedriño - Aínda que pensandoo ben , para morto eu que non sei como aguantei tanto traballo, primeiro a fábrica de xabóns despois o traballo político, a creación do Club do Mar...

- Iso non é nada comparado cós meus traballos. Que establecín como sacerdote e formei parte da AN-PG.

- AN- PG ? Explicate Monchiño..

- Tanto falas dos teus traballos e non tes nin idea, Asamblea Nacional - Popular Galega.

- Véxovos moi presumidos pero eu son o que ten unha rúa na cidade máis bonita de Galicia.

Unha campá interrompe o comentario de Manuel Murguía. Todos deben volver ó seu lugar de descanso sen deixar sospeitas de que saíron das tumbas.

- Arrea que soa ben pronto a campá hoxe, non o pensades?

- E que Pedriño e máis eu temos un sono que non podemos con el por iso volvemos a nosa nenez e cambiamos a hora do reloxo para que soara antes.

- Bueno, grazas por esta conversación rapaces, pero Monchiño, aquí onde me vedes non podo máis cas gañas de durmir.

- Non esquezas coller a manta no almacén que logo pasas o día tusindo, que xa sabes que nos nichos vai un frío que non vexas.