31.12.12

Este Nadal facemos unha recolleita da cultura galega tradicional

 NAVEGA POR ESTA PÁXINA e elixe algún tema para investigar.
Tamén podes atopar NESTA PÁXINA algo interesante sobre os cemiterios galegos.
E se vas fóra da Coruña uns días, investiga algún aspecto do lugar que visitas: cemiterios, cruceiros, petos de ánimas, museos etnográficos... 

Pasos a seguir:
- Selecciona información.
- Organiza nun esquema o que consideras máis interesante.
- Fai un borrador estruturando as ideas principais en parágrafos.
- Pon un título adecuado e suxerente ( que chame a atención).
- Lembra que para ter lectores debes escribir de maneira organizada, amena... para despertar a curiosidade dos teus compañeiros. 
- Ollo! Cando saibas que tema vas tratar, edita unha entradiña provisional , para non repetir as mesmas historias.