CEMITERIO E IGREXA DE DEXO
Este nadal como todos os anos,pasei uns días en Dexo, lugar onde a miña familia e máis eu pasamos moitos días ao longo do ano.
Dexo é unha localidade do concello de Oleiros, e ten duas zoas que son moi conocidas.
Un deles é a súa costa que foi declarada monumento nacional, pola a súa importancia ecolóxica. E visitada ao longo do ano polos turistas.
O outro lugar é a súa igrexa e o seu cemiterio. Nesta igrexa fixen a miña primeira comunión.
Detrás da igrexa encóntrase o cemiterio. Na miña opinion paréceme moi fermoso porque os seus nichos estan feitos de pedra é algúns son do seculo XIX. Este cemiterio non ten nada que ver cos actuais. Todo en concreto estaba feito de pedra esculpida.
En Dexo teñen unha festa que coincide co día dos difuntos. Chamase Samaín.
Esa noite, decórase a entrada da igrexa con cabazas e algúns habitantes desta localidade disfrázanse de fantasmas, zombis ou mortos viventes. Parece como que os difuntos que descansan nese cemiterio cobrasen vida. Fai anos soamente iban persoas que viven por alí pero agora vai moita xente de fora, por iso converteuse nunha festa.
Nas festas de San Antonio no mes de Xuño, tamén se decora a igrexa e o cemiterio de flores e adornos.
Recomendo que visitedes Dexo
Ángel Granell 3ª E.S.O. A