23.12.12

Unha bebida peculiar paras festas


A Queimada é unha bebida típica galega, que leva augardente e azúcre, é incluso algunhas familias da parte suroeste de Pontevedra bótanlle en vez de azúcre, levan sal.


A continuacion vértese todo nunha cunca de cerámica fonda e grande. Logo préndeselle fogo e déixase arder durante uns 8 minutos. Tamen pódese engadir unas pelas de limon e laranxa.



Por cada litro de líquido bótase uns 125 gramos de azucre , cun cazo remóvese lentamente ata que o fogo pase o cazo.

Espérase ata que as chamas vólvanse dunha cor azulada. Recítase un conxuro para alexar os embruxamentos e quedar liberado todo o mal.

Déixase que se consuman as chamas e sérvese.

O CONXURO DA QUEIMADA
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
indose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder
que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.

O autor deste conxuro é Mariano Marcos de Abalo , feito na década dos 60 e rematado en 1974. Esta é unha tradición que todavia seguese facendo , sobre todo na época do Nadal, e incluso noutras festas menos importantes, onde xúntase toda a familia.