Editorial: Xerais Fóra de xogo. 1ª Edición, febreiro 2004.
Este libro narra tres historias de misterio. O primeiro relato ten o título: "Las sombras del faro". Conta a historia de Miguel, un home xa adulto que recorda a súa infancia en Pontebranca onde namorouse dunha rapaza chamada Marta. Alí interésase por un faro onde a súa moza non quere ir. Pero él decide investigar pola súa conta, sin facerlle caso á noiva. Cando chega alí non encontra nada raro, só un pozo e un par de pedras. Pero cando se vai, parécelle ver unhas figuras sen rostro. Decide ocultarlle a Marta a súa visita ao faro, ata un día que non aguanta máis, co paso do tempo, e decide contarllo. Ao fin acepta e vai con él a investigar, sucedendo o mesmo que a última vez que estivera Miguel coa diferencia de que Marta non consegue velas figuras. Un mal día despois de ésto, un home ataca a Miguel sin razón aparente e coa mesma Marta comeza a alexarse del e todo porque os pais non llo permiten. Como todo se pon en contra del, decide irse a outra cidade. Xa de adulto lendo o periódico ve a noticia de que atopáronse uns cadáveres de republicanos da Guerra Civil. Entérase polas investigadoras que entre os implicados en estes asesinatos estaban o pai de Marta e o home que o atacara na rúa. A historia remata con Miguel deixando un ramo de rosas no chan para recordar aos mortos.
No segundo relato "La serpiente de pedra" conta a historia dun arqueólogo, que narra o que lle levou a ingresar nun psiquiátrico. No seu traballo en Lugo sobre o culto ás serpes, atopa varias pezas, entre elas unha serpe soterrada de pedra. Todas as leva a unha vitrina do museo. Ao longo dos días unha parella dun vello e unha moza visitan o museo moi a miúdo, pero só para ver a serpe. Todas as mañás na vitrina da serpe, as pezas que acompañaban a aquela reliquia atópábanse desordenadas provocando a angustia do arqueólogo. Como decide seguir investigando isto, unha mañá ve un ratón nun recuncho da vitrina atemorizado. O arqueólogo xa estrañado decide quedarse unha noite para ver que é o que pasa. Así descobre á moza desa parella dándolle de comer á serpe viva que consegue escaparse da vitrina. O arqueólogo corre e dánlle un golpe na cabeza. Cando intenta explicar á policía todo o que pasou non o cren e tómano por loco ata que o ingresan nun psiquiátrico, onde espera a vinganza da serpe.
Na última historia "Una historia de fantasmas", cóntase como unha peregrina do Camiño de Santiago recita un poema de José Ángel Valente, nunha terraza dun hospedaxe no que se atopa con máis viaxeiros, todos reunidos. Nun momento, un home conta a historia duns feitos estraños dunha viúva na súa casa, onde ao parecer, o seu marido difunto aún a acompana e deixalle mensaxen en forma de frores e poemas. A peregrina intrigada pola historia, decide buscar ao viaxeiro que contou o relato; non consegue atopalo en todo o hotel. Entón preguntalle a un camareiro pola historia e éste lle ensina unhas noticias de xornais antigos e cal é a súa sorpresa cando descobre que o difunto marido da viúva era o viaxeiro que contou o relato.
Para rematar teño que dicir que a mín o que máis me gusta para ler é os libros de misterio e de medo. Este libro ten un pouco de todo isto, polo que me enganchou ata o final. Ao ser tres relatos pronto veía como se resolvían sin esperar ata o final do libro. A historia que máis me gustou foi a "do faro", pola mezcla de romance e misterio. Tamén fíxolle competencia o final da historia "da serpe", porque realmente chegas a sentir medo e pensas que é a tí a quen se acerca o réptil. Sen dúbida, é fácil de ler.