Diálogo entre López Cortón (L), Tettamancy (T) e Vilar Ponte (V):
L
: Ai! que canso estou de estar tanto no nicho, vou saír un pouquiño.
A
ver se atopo algunha moza.
T:
Anda e ti quen es? Canto tempo sen ver a ninguén.
L:
chámome Xosé López Cortón, e ti?
T:
eu son Mancy, Tettamancy.
L:
que nome tan raro.
T:
é o meu apelido, pero gústame que me chamen así.
L:
ultimamente ven moita xente con nomes raros pola guerra, e ti cando
chegaches?, non me soa a túa xeta !
T:
pois levo aquí un bó tempo xa...
V:
calade xa, así vos coman os vermes ! Que a xente quere descansar en
paz !
T
e L: e ti quen es para mandarnos calar!
V:
pois eu son un periodista e un político, e chámome...
T
e L: que non nos contes a túa vida! Vaite para o teu panteón e
durme!
V:
eu non pretendía ser tan groseiro, so quero facer amigos neste
cemiterio xa que estarei aquí eternamente.
L:
pois mira que es raro...
V:
anda que ti con esas pintas... se estivese aquí Franco, mandaríache
fusilar por vestir con tan mal gusto!
L
e T: e quen é ese tal Franco?
V:
foi un xeral que montou a Guerra Civil.
T
e L: pero que pasou?
V:
que se rebelaron contra o poder. E mátaronme a min e a moita xente
máis.
L:
eso en Porto Rico non pasaba!
V:
en Cuba tampouco!
T:
nin en Arxentina! Ai, como a boto de menos, pero tamén me gustaría
saír para ver a miña cidade, a preciosa A Coruña.
V:
eu boto de menos Lugo, xa que alí me criei, pero tamén Madrid,
porque
alí vivin e traballei.
T:
pois eu entereime por aí que Madrid hoxe é moi distinta, non
Xosé?
L:
si, ademais escoitei que había un tal metro.
V:
e quen é ese?
L:
non sei Antón, pero debe ser alguén moi importante!
T:
pois máis importante son eu que formei parte da Real Academia
Galega.
L:
de verdade? Pois eu fun escritor así que tamén son tan importante
como “Metro”!
V:
deixade de dicir burradas, Xosé e ti tamén Tettamancy!
Que
vos os credes moito!
T:
hhhhmmm! Que tarde é, xa se fixo de noite! E teño que durmir as
miñas horas que senón non son persoa.
L:
si, eu vou para o nicho que despois pillamos un catarr... achiiis!
V:
perdín o día falando, é incrible, como podo estar tan canso?
T
e L: si, tes razón.
V:
boas noites a todos!
T:
ata a próxima.
L:zzzzzzzzzzz...
T:
pois eu tamén que xa vai sendo hora.
V:
eso mesmo, adeus.
T: adeus!