9.1.13

CANTIGA DE AMIGO

ESE SILENCIO QUE ME MATOU

Envolta no teu silencio 
ese silencio co que te vin marchar
escoitaba o murmullo das augas
Ai meu amor, volverás?

Cando o teu barco penetrou no mar 
pensei que para sempre te perdía
espero envolta no teu silencio 
Ai meu amor, volverás?

A todo isto xa pasou un ano
e agora  che toca regresar 
espero envolta no teu silencio
Ai meu amor, volverás?

Xa é hora da chegada
e xa desembarcando estás
espero envolta no teu silencio
Ai meu amor, aquí estas.

PABLO SAA GONZALEZ