O "Santo Graal" é o cáliz co que Xesucristo celebrou a Derradeira Cea. Con respecto a él circula unha lenda que tivo moita importancia na Idade Media e que está relacionada coas do Cido Artúrico ( Rei Artur e os Cabaleiros da Táboa Redonda ). As máis importantes son as escritas por Wolfram de Eschenbach e a de Cretién de Troyes. Na primeira obra é mui importante o personaxe de Parzival, un héroe. Éste é admitido polo rei Artur na Táboa Redonda e lánzanse á conquista do Graal.
De todas estas lendas que chegan ata os nosos días, en Galicia, destaca a que conta que o Santuario do Cebreiro é o custodio do Santo Graal. Esta fama incluso traspasou as nosas fronteiras.
O Cebreiro é un pequeno pobo que pertence ao concello de Pedrafita. É unha rexión montañosa dende a que pódese contemplar a Serra dos Ancares e do Courel. Está a 71 km de Lugo. Foi declarado "conxunto monumental" por conservar "as pallozas", que eran vivendas tradicionais da zona.
Segundo a tradición houbo un milagre na súa Igrexa de Santa María la Real (século IX). Conta a lenda, que en medio dun forte temporal de neve, o cura estaba a celebrar a misa sen ningún feligrés; entón presenteuse un home medio morto de frío, que dixo para sí: "Cual viene este otro, con una tan grande tempestad y tan fatigado, a ver un poco de pan y vino". Nese momento a hostia converteuse en "carne" e o viño en "sangue". De feito, hoxe gardánse as reliquias deste milagre.