10.1.13

Onde quedaron

Noitiña, onde quedaron as palabras
nas que a lúa prometía.
Cando alegrabas as penas de miña alma,
envolta no teu silencio, vin como fuxían.


Noitiña, onde quedaron as palabras
nas que o ceo baixaba.
Onde marcharon os sorisos que alegre me facían,
envolta no teu silencio, vin como fuxían.


Noitiña, onde quedaron as palabras
nas que a lúa prometía.
Cando xuntos paseábamos da mán,
envolta no teu silencio, vin como fuxían.


Noitiña, onde quedaron as palabras
nas que a lúa prometía.
Cando o meu cabelo dos ollos apartabas,
envolta no teu silencio, vin como fuxían.