27.1.13

Dante o trobador de Kirgiatos

Corría o seculo XII , nun lugar chamado Kirgiatos situado ao Oeste, da península de Kratos. Era un pobo tranquilo rodeado por un bosque profundo de faias o Carpatos, onde habitaban todo tipo de especies. Os campesiños aproveitaban esta variedade de animais, para dar renda solta a caza, aínda que tamen tiñan moitos cultivos, dispersos por todo o terreo...

Os seus inquilinos, vivían en casa pequenas e de pedra, eran xente capaz de solucionar os seus problemas sen a axuda de ninguén e con ganas de vivir a vida. Pasaban polo seu mellor momento,( debido a que o outro reino Partagos, deixarao en paz), entorno aos conflitos polo gran bosque.

Un dos veciños máis recoñecidos do lugar era Dante o trobador , que cando só tiña 7 anos fixo a súa primeira cantiga, e agora xa con 19, íase marchar lonxe, a aprender dos demais compañeiros de oficio, e asi convertirse nun trobador de prestixio.

Resuslta, que a súa veciña , Gadea, taba namorada del , pero nunca atrevíase a decilo, el sempre ía polas casas cantando as suas composicións, cando Dante foi a coñecer mundo, Gadea decidíu mandarlle unha carta na que  estaba escrita unha cantiga que ela mesma inventara, titulábase:

Deixachesme

Envolta no teu silencio,
deixáchesme sóa,
só desexábasme como unha amiga.

Só desexábasme como unha amiga,

deixáchesme sóa,
non me crías.

Envolta no teu silencio,

eu te desexaba, por pouco tempo,
siguía namorada.

Eu quería estar contigo,

 envolta no teu silencio, 
deixáchesme soa, meu amigo



                                                                FIN