27.1.13

Campesiña no trono

 Dende o alto da torreta leste, todo aparentaba estar en calma. Outro día rutinario comezaba en Premik. Dende alí, podía percibir ata o prezo có que se estaban  a vender as cereixas. Como de costume, a estas horas o mercado encontrábase repleto de campesiños e artesáns, que buscaban vender as súas obras. A calma afogaba o pobo de Premik. A chegada de Arthur servira como esperanza para todos.


Arthur era o futuro novo Rei de Premik. Chegado á coroa por herdanza do seu pai, Theodoro, un home xa de avanzada idade que non tiña cordura dabondo para ocuparse do reinado. Arthur era alto, de cabelo escuro e ollos verdes penetrantes, un rapaz de pouca idade pero con gran cabeza; mais difícil sería, que amosara o seu sonriso ó persoal do castelo. Os seus andares eran propios dun Rei, pisaba con gran seguridade en cada paso que daba, a súa mirada amosaba serenidade e poucas veces conseguíase enfurruñalo.


 Non entendo como Aghata o deixou marchar. Sigo creendo que esa rapaza toleaba un pouco da cabeza.
Dichosos son os soños de amor dunha rapaza do servizo coma o era eu. Cuan gustaríame a min que o Rei repara en que os meus ollos o siguen augurentos. Unha moza de clase humilde cun Rei, xa o dicía a miña avoa:  "vas morrer durmida neniña".


Chámome Ximena García, filla dun pobre artesán e criada pola miña avóa. Cando cumprin os 19, polas débedas do impago das rendas do meu pai, tiven que vir traballar o castelo de Premik. Dende hai dous anos a miña vida era unha rutina, dende que espertaba ata que voltaba a  durmir, non facía  máis que traballar ó gusto do novo Rei. Sen poder dicir en ningún momento a miña opinión diante dos nobres. Vivía calada polo día, e as noites a boca non a pechaba ata soltar todas e cada unha das miñas queixas ante o resto do servizo.


Unha mañá, fun chamada para preparar os aposentos dunha nova huésped invitada por Theodoro para tentar casala có seu fillo. Mentres facía a cama escoitei unha conversa que, aínda que non foi adecuado escoitar, encheume de ledicia.

- Digoche padre que non podo casar con esa moza, non sinto amor ningún por ela, o meu corazón leva tempo preso dun amor imposible. - Dixo Arthur, sincerándose ante o seu pai.

- Pasarás uns días con ela, xantaredes xuntos, durmiredes o un preto do outro, pasearedes polos xardíns do castelo e teredes estes días para namoraros. - Pronunciou Theodoro algo enfadado.- Non esquezo un non por resposta. Se a moza é do teu agrado casarás en menos que canta un galo, pero se non é así, teras que rechazala no banquete da festa do teu xuramento como rei destas terras.

Arthur marchou sen dicir nada. Quen sería esa moza que leva preso o seu corazón? Sería Aghata? Necesitaba saber a resposta pero non tiña maneira de averigualo. Continuéi coa miña tarefa ata que deixei o aposento limpo e completamente preparado para a posible esposa do Rei, ou sexa, a nova Raiña.


Pasaron os días pero Arthur seguía con mala cara, non cría que lograra sentir nada por esa moza por moito que se esforzara; pero o seu pai metérao nun apreto. Como ía rexeitar a unha rapaza que recorrera medio país por vir coñecelo? As dúbidas non o deixaban durmir. Pasaba as noites pensativo e tentaba buscar a manera de confesar o seu amor á rapaza que realmente amaba.

Non podía parar, o banquete era en poucas horas e non tiñamos a comida feita. O Rei íbanos botar un rapapolvos que non sairíamos vivos dalí. Tiñamos que darnos presa e rematar todo para que estibera a gusto de todos os comensáis e máis dos donos do castelo. Saín correndo a horta para recoller unhas navizas e botalas a cocer. Cando estaba rematando o Rei sorprendeume as miñas espaldas. Cantaba conmigo a mesma cantiga, ata que só eramos unha voz:

                                              Sentada estou nas orillas do mar
                                              agardando a chegada do meu amigo
                                              ai amigo, cando viras?

Lembro este día coma se fose onte, e xa pasaron 20 anos. Agarroume da man e confesoume o seu amor; pero como un rei ía casar cunha moza do servizo? Fuxín sen dicirlle nin unha palabra.


O banquete xa comezara, todos ían moi ben vestidos e agardaban o xuramento con ansia. As  pernas temblábanme e non podía estar de pé máis ca uns segundos. Como o futuro rei ía estar namorado de min? Como ía ser unha moza de clase humilde a súa namorada? Estoupaba de alegría por todos lados, pero non daba crédito do que estaba a suceder.

Arthur púxose en pé, tomou posesión do cargo, tomou a man da doncela que se hospedaba no castelo e anunciou que non podía casar con ela. Tomoume a man e xurou diante todos que eu tiña que ser a nova Raiña de Premik.