26.1.13

Dous campesiños e un escudeiro

Nun lugar chamado Berner vivían dous chamados Crispín e Leonín. Un día como outro calquera, foron recoller amorodos a lombo dun burro. Cando estaban a piques de chegar atoparon un escudeiro do rei tirado no chan, e Crispín e Leonín decidiron parar para pregunarlle que lle acontecía.


-Que che pasa? -Dixo Crispín

-Que o Rei botoume por non saber utilizar o arco e se quero volver teño que aprender.

Entón Leonín que era un experto no tiro con arco ofreceulle ensinarlle a cambio de que lle deran comida para un mes.

Ao escudeiro non lle fixo moita gracia darlle comida pero non tiña outra opción. -Dacordo -dixo o escudeiro.

A mañá seguinte reuníronse os dous irmáns e o escudeiro para practicar, e asi durante dúas semanas e media. Ao pasar ese tempo o escudeiro xa estaba preparado para ir xunto o Rei.

Ao chegar ao castelo o escudeiron díxolle: -Señor xa estou preparado para o reto, dixo con moita seguridades. -Dacordo vai para a praza de adestramento -dixo o Rei.

Crispín e Leonín non estaban moi combencidos de que fora capaz pero confiaban nel. O escudeiro preparouse para lanzar.

Cando queiras podes comezar -dixo o Rei.

O escudiro lanzou e cravou a frecha xusto no medio da diana. A xente aplaudiu e o rei felicitou ao escudeiro.

Moitas gracias -díxolle o escudiro a Crispín e Leonín

Non hai de que- dixeron Crispín e Leonín.

Entón o escudeiro deulles a comida e todos foron moi felices...


                                                                        

                                                                              FIN
Alex C