12.1.13

Fornos comunais


Os fornos son construcións que evolucionaron ao longo da historia. Estes podían ser privados ou comunais e eu voume centrar nestes últimos.
Os fornos comunais eran mais grandes ca os individuais, xa que eran usados por varios veciños, e as fornadas eran mais grandes para que durase o pan. Estes fornos eran construídos por todos os veciños que os ían a usar.
A construción do forno podía ser de tres tipos:
-Rectangulares: Ao fondo situaríase o forno e a porta iria en fronte, ao longo das outras paredes estarían colocadas pedras para deixar o pan.
-Rectangulares cunha parede prolongada que formase un tellado para gardar a leña.
-Ovalados.
Os fornos construíanse cerca das fontes para facilitar a auga ca que se limpaban e por se había un incendio. Estaban no centro da aldea ara que tódolos  veciños os puideran usar.

Descripcion: Xeralmente o tellado era de palla polo seu baixo custe e as paredes de pedra.No seu interior situábase o forno parta cocer o pan cunha a pedra mais longa enriba para deter  o lume,nunha louza cun buraco no medio chamada lareira metíanse as cinzas que a traves do buraco pasaban a fornalleira que era onde se almacenaban., a parte de arriba chamase capoeira e serve para almacenar leña.