O Prestige foi un petroleiro que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de Novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona dende o norte de Portugal ata Francia provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia .
CRONOLOXÍA- 2002
CRONOLOXÍA- 2002
- 13 de Novembro: ábrese unha vía de auga de 15 metros no casco e vértense unhas 3000-5000 toneladas de fuel óleo. Ás 15.15 horas o capitán lanza a mensaxe de auxilio. Evacúanse 24 dos 27 tripulantes e o remolcador Ría de Vigo inicia os labores de rescate.
- 15 de Novembro: evacúanse os tres tripulantes que quedan a bordo ( o capitán e dous oficiais), sustituidos por varios técnicos da empresa de rescate, que ordenan parar os motores.
- 18 de Novembro: o barco está xa a 95 millas de Fisterra, á altura de Marín, e todo fai prever que se partirá en 2 e que afundirá inmediatamente.
- 19 de Novembro: o barco afunde tras partir polo medio ás 8 da mañá, a uns 250km da costa, producindo un terceiro vertido importante, estimado en máis de 10000 toneladas. A marea negra ameaza as Rías Baixas.
- 22 de Novembro: aparecen dúas grandes manchas sobre o lugar onde afundiu o Prestige, que demostran que o fuel continúa.
- 30 de Novembro: a mancha de fuel está a 1 milla de Fisterra, mentres toda Galicia se pon en alerta máxima.
- 2 de Decembro: o fuel abre as praias de Riazor e Orzán, na Coruña, entre as 164 praias que estaban afectadas, 13 delas gravemente.
- 6 de Decembro: entre 10 e 20000 voluntarios de toda España axudan na loita contra a marea negra.
- 23 de Febreiro: manifestación masiva en Madrid convocada por NUNCA MÁIS.
- 5 de Xuño: realízase a primeira extracción das case 14000 toneladas do fuel que se conservaban nos restos do pecio.
- 27 de Outubro: dáse por rematada a limpeza do fuel que quedaba. A operación custou 100 millóns de euros.
- 16 de Outubro: comeza o xuízo pola catástrofe do Prestige, no recinto de Expocoruña.
- Impacto medioambiental.
- Impacto sobre as aves.
- Impacto sobre as actividades pesqueiras.
- Impacto sobre a saúde.