Hai moitos anos dende que isto sucedeu. Corría o século XIV, na corte do rei Rodrigo II a súa filla Gadea vivía namorada dun dos criados do seu pai. Gadea sabía que tiña este amor prohibido e por iso non se atrevía a falar con el. Chamábase Dante e para ela era o mozo máis aposto de toda a corte. Cada dia chegáballe unha carta de amor mandada por un príncipe que quería casar con ela. O rei Rodrigo vialle a súa filla pasar algo, pero non o sabía. Cando este descubriu o que pasaba mandou desterrar ao mozo para que Gadea non o puidera ver mais. Dante marchaba esa mesma noite e Gadea colouse na carreta onde o levaban.
- Princesa! Que facedes aquí?
- Tiña que dicirte unha cousa antes de que marcharas… a culpa e miña! Non me tiña que haber namorado de vós sabendo que nunca iamos poder estar xuntos.
- Non digades iso por favor, eu tamén quérovos e sempre vas estar no meu corazón.
Os namorados despedíronse cun largo bico.
A maña seguinte chegoulle unha carta:
Querida Gadea:
Quería dicirche que es o amor da miña vida e que nunca olvidarei a primeira vez que te vin. Que sínto que non podamos estar xuntos pero a vida é así. Espero volverche a ver algún dia e que seas moi feliz.
Moitas grazas por todo.
Moitas grazas por todo.
Dante.
Todo ese tempo había sido el, aquela foi a ultima carta, pero Gadea nunca o olvidou.
Naiara
Naiara