18.1.13

Un humilde campesiño

Alfgar estaba traballando a súa parte do campo cando chegou o seu irmán Leofric cunha noticia moi importante:

-Leofric: Alfgar! , veño de darlle a renda ao rei , e escoitei a dous cabaleiros falar sobre un torneo de xustas que celebraráse nun mes.
-Alfgar: E cal será o premio?
-Leofric: Se non entendín mal o gañador casará coa filla do rei , Aldana.
Alfgar estaba enamorada de Aldana desde hai moito tempo , estaba deseando participar no torneo pero...
... había un problema ,  podían participar cabaleiros. Así que pretendía facerse pasar por un deles, pero no ía ser doado.
Puxéronse a buscar os aforros na súa casa , pero so tiñan 10 ducados.
Foron á casa dun amigo artesán chamado Velasco e lle preguntaron:

- Velasco meu amigo! temos 10 ducados, poderíasme facer unha armadura de cota malla e unha xusta, para o torneo do rei?
-Sí, pero ti non eres un cabaleiro , para qué o queres?
-Para facerme pasar por un deles e gañar o torneo para casar con Aldana.
-Vale, agarda unha semana e pasate por aquí.

Como lle dixo Velasco , pasaráronse por alí e recolleron as cousas. Xa estaba todo so faltaba adestrar, quedaban trece días para o evento. 
Por sorte , xa tiñan un cabalo no cortello. Leofric púxose a armar o cabalo coas ferraduras e a sela mentras que Alfgar adestraba coa xusta.

Xa quedaba un día para o torneo , Alfgar estaba moi nervioso pero xa dominaba os combates de xinetes , iso lle tranquilizaba un pouco. Os dous irmáns cenaron sopa e foron durmir.

Espertáronse cedo, almorzaron, e foron ao castelo de rei pero non sen poñerse a súa armadura.
Alí había todo tipo de cabaleiros pero tamén estaba o máis temido, o cabaleiro Escuro.
O rei soltou un discursiño que non recordo moi ben agora e tocou a campá para que se dera o comezo do torneo .

O primer combate era de Alfgar, o gañou con facilidade. Mentres os demais cabaleiros loitaban el foi falar co seu irmán:
-Alfgar: Leofric, eu creo que podo chegar ao combate final con facilidade , pero temo que tamén chegue o cabaleiro Escuro.

E asi foi , Alfgar e o cabaleiro Escuro estaba enfrentados.Mentres o rei estaba pendente de quen sería o afortunado que casaría coa sua filla Aldana.
Alfgar estaba distraído e o cabaleiro escuro aprobeitou a ocasión , e tirouno do cabalo.
O cabaleiro escuro gañou , pero Aldana quería casar con Alfgar , non con el.

O rei chamou aos dous finalistas preparado para facer a ceremonia. Pero Aldana comentoulle a seu pai o ataque a sangue fría que fixo o cabaleiro escuro, e que quería casar con Alfgar.

O rei descalificou a o cabaleiro escuro , e celebrou a ceremonia da boda e xuramento de Alfgar, pero non antes sen invitar ao seu irmán e a Velasco.