Lemos para entender, ou para comezar a entender. Non temos máis remedio que ler. Ler, case tanto coma respirar, é a nosa función esencial. Alberto Manguel
18.1.13
Revolución.
REVOLUCIÓN
Eran tempos difíciles, a crise atacaba ao pobo e ninguén facía nada por evitalo. O pobo pensaba que a clase alta argallaba algo. Un día, o pobo descubriu que desaparecera o diñeiro dos impostos, estes impostos os pagaba a clase baixa e ocupábase de recollelos o clero. Todo o pobo desconfíaba de que fora a nobreza quen roubara o diñeiro das arcas do clero; a clase baixa decidiu ir a falar co rei para saber se foran eles. O rei negou todo e botounos do castelo. O pobo estaba indignado.
Os habitantes decidiron facer un plan, ían ir ao castelo finxindo creer as palabras do rei, xa dentro prepararían unha trampa para que o rei confesase que el tiña todo o diñeiro que faltaba, esta trampa consistía en secuestrar a súa filla que vivía no castelo co seu pai, a súa nai e os escravos que axudaron no secuestro; mentres o pobo falaba e despistaba ao rei, o esclavo maior levábase á filla.
Chegou o día de levar a cabo o plan, todo saíu como estaba planeado e cando xa tiñan á filla no seu poder decidíron mandar una carta ao rei; que dicia:
"Querido rei Salomé:
Temos a túa filla no noso poder, e ata que non apareza o diñeiro dos impostos
non a deixaremos en liberdade, ten os días contados!"
O rei e a súa muller estaban moi preocupados tras recibir a carta, sabían perfectamente que o diñeiro non estaba no seu castelo. Notábase a tristeza dos reis e pouco a pouco o pobo comezou a creer as palabras da nobreza.
Un día, o pobo decidiu ir ao mosteiro a falar co clero sobre a perda dos impostos. Pero cando foron xurdiu o que todo o mundo sospeitaba, xa no había ninguén no mosteiro, só un simpre papel que dicía: "Fíxenvos a do queixo! (Don Lino)". Dicindo a verdade o pobo non estaba sorprendido, nunca lles caeu en gracia este señor, pero estes non se iban a quedar de brazos cruzados. Agora que o pobo xa sabía que fora o clero, o primeiro que fixo foi devolverlle a filla ao rei e pedirlle disculpas ao rei e á sua familia; o rei comprendía a súa posición e ata el xunto os seus escravos axudou ao pobo neste tarefa. O rei sabía que o arzobisto nos seu tempo libre ía cazar á colina do norte, coñecía ven o terreo. Antes de actuar, o rei mandou aos seus mellores escravos a facer unha pequena vixianza da zona. Cando xa pasaron dous días os escravos regresaron, xa analizaran o terreo.
Sabían que tiñan que actuar cando antes porque o arzobispo xunto aos seus non iban a estar moito máis tempo na colina do norte; idearon un plan. O pobo cos seus asnos, e os escravos do rei cos seus cabalos atacaron a colina, rodearon ao arzobisto e aos seus secuaces; todo o clero excepto o arzobispo rendíronse. O arzobispo negábase a devolver o dñeiro quería chegar ata o final do seu plan, ao pobo e aos escravos do rei non lles quedaba outra que torturalo, era simpre, o arzobispo escribía unha carta coforme o seu suicido, onde dicía que merecía morrer polo mal que lle fixera ao "seu" pobo; pero aínda quedaba unha conta pendente, o diñeiro, presionado a punta de navalla o rei cantou e os guiou ata o lugar indicado, pero resulta que faltaba parte do diñeiro.
O pobo estaba moi enfadado, resultou que o clero tamén estaba en contra do arzobispo así que non quedaba outra que recurrir á morte. Mataron ao arzobispo e volveron á colina onde foron recibidos pola familia real, recordados como uns héroes.