18.1.13

O traballo aparte do amor. BUSCAR TÍTULO

Nunha maña coma outra calquera, entrou no castelo o señor para anunciar unha gran festa onde ia haber; coma en todas, un torneo de xusta, uns trobadores e todo iso. Pero imos dende o principio...
Eu son fillo de dous campesiños,chamome Daviz e son trobador porque me atrae o mundo da musica,estou sen traballo ata unha maña na que chega o carteiro real e deixa unha carta na miña casa. Esa carta ofreciame traballo nunha festa que ía celebrar o señor e como andaba algo escaso de cartos, aceptei o traballo.
-"Esperta, hoxe traballas fillo"


Dixo miña nai, erguinme e preparei todo para que o señor non quedara insatisfeito, por se facía máis festas, que me chamara.
E acolá fun, cara o gran castelo do señor  que aínda nunca entrara na vida e nada máis entrar vin unha vela dama ao lado do señor, mirou pra min e chisqueille un ollo, de súpeto tirou de min meu amigo Polayo pra dicirme que xa nos tocaba e de paso avisar que esa non se podia tocar, que era a muller do señor.
Bueno, tocounos cantar e eu pra impresionar ao meu novo amor din todo o que sei facer, cantabamos unha así coma:
"Don Bieito ome duro
foi bicar ao oscuro
a miña muller
Don Bieito ome aventurado
a bicou no ahuecado
a miña muller
..."
e algunha máis antes de que comezara o torneo de xusta onde participaba o señor e os seus cabaleiros invitados.
O meu instinto mullereiro, levoume ata o asento da dama, pra propoñerlle algo entre nos e acabamos no dormitorio do señor... Pero bueno non habería problema escaparía antes de que viñera o señor, cobraría e marcharía de contado.
Pero pasou o tempo e oín cantar os meus compañeiros xograres, o que se significaba que acabara o torneo, e, o señor buscaría pola súa muller. E alí soou coma se abría a porta e o señor pillounos na cama, conseguín escapar pola vente, pero polos pelos.
Pasados uns dias soñaba coa muller do señor, estaba namorado dela e pasados uns tempo do acontecido fun a torre de omenaxe, cantarlle unha cantiga de amor a miña namorada.
Quer'eu em maneira de proençalfazer agora un cantar d'amor,e querrei muit'i loar mia senhora que prez nen fremusura non fal,nen bondade; e mais vos direi en:tanto a fez Deus comprida de benque mais que todas las do mundo val.Ca mia senhor quiso Deus fazer tal,quando a faz, que a fez sabedorde todo ben e de mui gran valor,e con todo est'é mui comunalali u deve; er deu-lhi bon sen,e des i non lhi fez pouco de ben,quando non quis que lh'outra foss'igual.Ca en mia senhor nunca Deus pôs mal,mais pôs i prez e beldad'e loore falar mui ben, e riir melhorque outra molher; des i é lealmuit', e por esto non sei oj'eu quenpossa compridamente no seu benfalar, ca non á, tra-lo seu ben, al.E por moito que eu lle cantara, ela non correspondia ese amor, pero ao fin e o cabo unha experiencia e unha experiencia asi que seguin ca miña vida de trobador aloucado e de vez en cando acordandome de aquela preciosa dama.