18.1.13

A historía de Tristan e Agatha.

 Tristán era un humilde campesiño que traballaba no castelo de Coyack, era axudante persoal dos reis Pelaio e Xoana, pais da Princesa Agatha. Tristán quedou perdidamente namorado de Agatha, pero tivo que manter os seus sentimentos ocultos para non quedar en ridículo diante de tda a corte.
Un día como calquera outro, Agatha, decidiu ir a dar unha volta ao bosque sen permiso dos pais, saíu moi cedo do palacio sen que ningún se enterase, pero Agatha  non se deu conta de que Tristán a estaba seguindo. Xa dentro do bosque Agatha escoita uns ruídos e pregunta :
- Quen anda ahí ?
Ningúen contestou, pensou que eran imaxinacións súas, pero máis tarde volveu a escoitar outro ruído
- Quen anda ahí???
Escoitouse unha voz...
- Son eu princesa, non se asuste.
- Ti quen ? -preguntou a princesa.
- Tristán, traballo no castelo dos seus pais.-Dixo el.
- Ah, e se pode saber que fas a estas horas metido do bosque?
- Veño a protexela.
- Non necesito dun escudeiro, sei defenderme soa.
Aclarado o problema, os dous quedaron falando no bosque, contáronse toda a súa vida. A princesa ía casar co príncipe de Altair contra a súa vontade, porque era a tradición que a primeria filla dos reis concertaran matrimonio cun príncipe. Tristan quedou moi triste porque a súa enamorada ía casar. Xa era hora de voltar ao castelo, pero Agatha fixolle a Tristán a promesa de ir todos os días a mesma hora nese lugar. Xa non sería o mesmo para Tristán ver a princesa no castelo despois do acontecido aquala mañán, ao chegar ao castelo, os pais de Agatha preguntáronlle de onde viña co sirvente, ela contestou :
- Veño do pobo, é pedinlle a Tristán se me podía acompañar e cargar coa compra que fixen.-Dixo ela toda convencida-.
-Pódeste retirar. Dixo o rei a Tristán

Pasados os meses, Agatha empezou a sentir cousas por Trsitán, cousas que nunca antes sintiu por ningúen, pero por medo aos seus pais decidiu  non contarlles nada e foi directamente a falar con Tristán, que pola súa parte sentía o mesmo pola princesa. Un día o rei deuse de conta que a súa filla andaba namorada doutra persoa, pero non sabía de quen, asique deu a órden de que quen encontrara a ese miserable tería unha moi boa recompensa. Ningúen podía imaxinarse que quel "miserable" coma así o chaman era Tristán. Agatha decidiu axudar ao seu amado a fuxir do reino ata que o seu pai calmase. Por fortuna o xoven logrou fuxir do reino a pesar dos seus sentimentos. Cada dúas semanas chegaba unha carta ao reino para Agatha.
    
                
Ondas do mar de Vigo,
Se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?

Ondas do mar levado,
Se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amigo,
O por que eu sospiro?
E ai Deus!, se verra cedo?

Se vistes meu amado,
Por que ei gran coidado?
E ai Deus!, se verra cedo?
                                          
Pasaron moitas semanas, incluso meses sen que chegara cartas ao castelo, Agatha estaba confundida, pensou que Tristán a había olvidado, que xa tiña vida nova e non acorcdabase dela, a princesa moi triste decidiu complacer aos seus pais e casar co príncipe de Altair, pero o que ela non sabía é que Tristán morreu por sobre dosis de amor por ela.