16.1.13

A carta sen resposta



   No castelo medieval de Olimpia, pola noite, celebrábase a Gran Festa, era a máis importante do ano, acudía xente da nobreza e do clero de todos os países. A comida era a máis glamurosa, había dende o mellor peixe ata lentellas.

   Mentres o Rei e a Raiña recibían os convidados, a súa filla que era unha fermosa dama, fixouse nun xoven aposto que acompañaba ao Rei de Tebas.
Durante toda a noite a dama, chamada Lali, e o xoven aposto, non se quitaron os ollos de enrriba, e Lali, que era moi atrevida preguntoulle ao xoven:

    - Ola, son Lali, a filla dos reis deste castelo. E ti, quen es?
    - Ola, son Héctor, o... o fillo do rei de Tebas.
Despois diso pasaron a noite falando e coñecéndose, ata que chegou a despedida.

   Pasaron os días, e  Lali, botaba tanto de menos a Héctor e a súa compaña que cando xa non pudo soportar máis as ganas de saber de él decidiu ir a Tebas a visitalo.
Cando chegou preguntoulle ao Rey:

   - Querida maxestade, sabe vostede onde está o seu fillo Héctor?
   - Héctor?? Héctor non é o meu fillo, é o meu palafraneiro!
   - Palafraneiro?? -dixo ela asombrada-,
   - Sí, palafraneiro, o que coida aos cabalos.
   - Entón....MENTIUME!!, NON QUERO VOLVELO A VER!!
Despois diso, Lali marchou chorando.

   Saíndo do castelo de Tebas atopouse con Héctor. Él estaba  moi asombrado de ver a Lali por Tebas, e ademais chorando, entón preguntoulle:

   - Que fas aquí, pasouche algo?
   - SÍ, QUE NON TE QUERO VOLVER A VER!!! -díxolle Lali moi disgustada a vez que enoxada-.
   - MENTIROSO, LACAZÁN!!
   - Lali, podo explicarche todo, compréndeme!
   - NON QUERO ESCOITARTE!! ATA NUNCA!!
   - LALIII, LALIII, LALIII!!, REGRESA!! -gritou Héctor desesperadamente ata perdela de vista-.

Pasaron os meses, ata que un día Lali recibiu ao Carteiro Real de Tevas o cal lle entregou unha carta  que decía o seguinte:

Querida Lali:

    Escríbote para contarche toda a verdade. Neste tempo pensei moito en ti, e no dano que che fixen ao ocultarche quen era eu en realidade, pero non quería que te enterases de que era un palafraneiro porque tiña medo de que me rechazases.
   Perdóame por favor, quero que sepas que te quero e que debo partir de viaxe con meu Rei a un lugar moi afastado do cal non sei cando voltarei.

   Pd: Espero volverte a ver algún día.

Bicos,
HÉCTOR.

   O rematar de ler Lali pensou con bágoas nos ollos, - Héctor, por que non deixei que te explicaras?,  - Fun unha tonta!, - Sintoo tanto......!
   Nese intre veulle á cabeza a cantiga que cantaba de pequena coa súa nai, e recitouna dende a ventá onde se via ao lonxe o prado e o río da súa querida Olimpia.



 FLORES DO VERDE PRADO

  Flores do verde prado,
Víchedes vos o meu amado?
Hai Deus!, onde estará?
Nenos ledos e fermosos,
Víchedes vos o meu amigo?
Hai Deus!, onde estará?
Onde estarás meu amado,
Tal vez na aldea do lado?
Hai Deus!, onde estará?
Onde estarás meu amigo,
tal vez na aldea do río?
Hai Deus!, onde estará?


   Pasaron os anos e Lali non volveu ver a Héctor nin soubo nada del, polo que decidiu contestarlle a carta contándolle que había coñecido a un home moi bo e  que ía casar con él, pero por moito tempo que pasara nunca o esquecería.

A carta nunca tivo resposta......