A min persoalmente, o obradoiro que nos propuxo Dores Tembrás, unha poetisa que estudou aquí en Elviña, pareceume moi interesante xa que fixo que todos participaramos na actividade proposta.
Traballamos sobre a nosa opinión dos graffitis e cando nos ensinaba un deles, entre todos, tiñamos que dar opinións sobre o que poden significar co fin, de que encontremos o sentido poético que se esconde detrás neles.

Tamén fixemos un poemiña sobre unha palabra que tiñamos que elixir nós e de maneira literaria explicar que significa para nós esa palabra. En xeral gustoume moito e espero que se repita pronto.
Grazas a este obradoiro descubrín que todo pode ter sentido poético se o buscamos, e moitas veces é o máis evidente pero non sei por qué, buscamos o complicado, un segundo sentido.
Estas cousas, ademais é importante facelas en grupo para observar distintos puntos de vista.
Este é o poema que fixen sobre o reloxo:
ÉL MARCA O MEU TEMPO
CANDO ESTOU EN MOVEMENTO
É A MIÑA PRÉSA, A PACIENCIA
QUE ME ACACOMPAÑA
NAS MIÑAS ANDADAS COMPLETAS.
Ignacio Garcia Sanchez 3ºA