O pasado mércores , 24 , viu Dores Tembrás ao noso instituto do Elviña para facer un obradoiro de poesía. Acompañados por Lois e Pepa na biblioteca , demos paso a aunha actividade de diapositivas sobre a súa vida.A continuación comezamos a expresarnos e dicir , cada un de nós , o que significaba a poesía, Cada un tiña o seu punto de vista e foron saíndo cousas moi interesantes.
Ao rematar analizamos "graffitis" e pintadas poeticamente , e expresar o que represantaba.
Por último , cada un de nós tiña que pensar unha palabra, a primeira que viñeranos á cabeza . Despois dicíamos o que significaba para nós.
Eu escollín raposo , porque representa astucia e intelixencia.
Este obradoiro estivo moi ben , penso que aprendimos bastante e melloramos a nosa cultura dentro da poesía.