A Taberna do Galo é a autobiografía de Celso Emilio Ferreiro, publicado no ano 1978, un ano antes da sua morte. Ainda que algunhas situacións son inventadas, moitas delas básanse nas vivencias de Celso Emilio.
A Taberna do Galo existe na realidade, e está situada en Celanova (Ourense) na Praza do Millo, e ahí desenrrólanse as conversas nas que o autor fala da sua vida, dos seus veciños, e dos anos que pasou fora da sua terra despois de xiliarse na Guerra Civil por a sua ideoloxia.
Don Celso Emilio é asiduo da taberna, e comparte charlas có taberneiro apodado "Galo", e nesas conversas falan moitos temas; como os anos pasados no exilio, o seu encarceramento no mosteiro de San Rosendo; a sua estancia en Caracas (Venezuela). Tamén se comentan acontecimentos da vila de Celanova, e falan dos seus veciños como Albertiña, unha muller enferma mental, á que abandonan o centro de Madrid, ou "a Dema", unha prostituta do pobo, que fora dona dun burdel en Ourense nos tempos de Primo de Rivera. Outros persoaxes son "O Furriel", Miguiñas, "O Pardal". Fala tamén do "Pinguiña", que podería ser na vida real Amadeo López Bello, nacido en Carballeda de Avia, asasinado o 29 d Agosto de 1936 no lugar coñecido como Poza das Rás, xunto con outros dous galeguistas.
É unha das obras en galego mais didácticas, xa que ademais de que Celso Emilio Ferreiro só escribiu dous libros en prosa (A Taberna do Galo a A Fronteira Infinida), o resto da sua obra é verso, esta mezcla as vivencias do autor coa vida no rural, e conta moitos episodios dunha época pouco coñecida da nosa historia, a comprendida entre o incio da Guerra Civil e a chegada da Democracia ó noso pais. Esa época que o mesmo autor chamou "Longa noite de pedra".
MIRIAM RODRÍGUEZ QUINTÁS 3ºB