7.6.13

A era de lázaro

Os mortos non deben volver. Se regresasen, provocarían o caos, a aparición dunha nova era. Velaquí a era de Lázaro,  a era dos resucitados, onde os mortos camiñan entre os vivos, confunden o tempo, o espazo, trastocan a rutina do cotian...

Pero isto Noelia non o sabía. Ela botava de menos a Lois, dende aquel incidente por unha verza nun mal lugar, e decidiu que non quería botarlle de menos durante máis tempo. Así que decidiu revivir a Lois. Atraves de varios feitizos que había conseguido descifrar do libro dos mortos, e ao final conseguiuno agás que... non era o Lois que ela recordaba, so estaba o seu corpo, frío coma se de xeo se tratase.

Aínda que o peor estaba por chegar... Lois non era só un morto, tiña a ansia de transformar o mundo que coñecemos e levalo a unha nova era. Para ilo recrutaría un exercito de mortos que se irían propagando po todo o mundo.



Noelia non sabia que facer para frear este plan tan macabro, así que púxose en contacto con "A empresa", conseguiu a resposta de Alexandre Doval, unha persoa que a diferenza do resto da empresa non lles facía sentir aos clientes que eran refugallos sen importancia.

Entre eles dous descifraron o libro dos mortos e chegaron a conclusión de que se querían desfacerse de Lois, o seu invocador habería de desaparecer tamén...