22.5.13

Qué drama!




O Dia das Letras Galegas é un día de exaltacíon da lingua de Galicia, o galego. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincicindo co centenario da primeira edición de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Neste 17 de maio do 2013 adícanse as Letras Galegas a Roberto Ignacio Vidal Bolaño.

Roberto Vidal foi un dos grandes do teatro galego. É nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego. Fundou a compañía de teatro Antroido, sendo a primeira compañía de teatro profesional galega. Tamén foi un dos primeiros directores que participou no teatro Institucional. Participou como actor en varias series de prestixio. Algunhas das súas obras son:

- Laudamuco Señor de Ningures (1976)
- Bailadela de Morte Ditosa (1980)
- A Casa dos Afogados
- Caprice des Dieux (1985)
- Saxo Tenor (1993)
- Agasallo de Sombras (1992)

- ...

Nos seus últimos anos fundou a compañía Teatro do Aqui, do que foi membro ata a súa morte en 2002 en Compostela dun cancro de pulmón.