21.5.13

Roberto Vidal Bolaño.



     Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950  e faleceu en 2002. Dedicouse ao teatro tanto como director e actor, tamén foi escenógrafo e iluminador. Fundou o "Grupo Antroido", a primeira compañía profesional de teatro en Galicia.  Formou parte do "Grupo Abrente" que renovou e actualizou a escrita como as representacións dramáticas galegas. En 1978 Roberto Vidal Bolaño transformou o teatro galego en un oficio xa profesional, dando un gran paso xa que o teatro galego non estaba ben visto nesta época.
    De Roberto Vidal destaca o seu compromiso, autocrítica e valentía;cun teatro feito cara o público. Foi fundamental na construcción dun teatro nacional galego.
    As obras de Roberto Vidal están marcadas pola estética da derrota e a crítica da modernidad; quizáis influido por Otero Pedrayo defendeu unha recuperación do popular. Unha das súas maiores influencias foi a do teatro de Valle-Inclán. Nas súas obras destaca e cuida o diálogo con público.
   As súas obras máis recoñecidas son:
        -"Laudamuco, señor de ningures."
        -"Días sen gloria."
        -"Bailadela da morte ditosa."
Por último, este 17 de maio dedicáronlle o Día das Letras Galegas. 
Alex T