Jon Boix é un periodista que volve de África de facer unha reportaxe. Nada máis chegar a casa, acende a tele e entérase de que a top model Alexandra Galvany é acusada do asasinato de Christian van Peebles despois dunha noite de alcohol e drogas. Isto impacta tremendamente a Jon, porque Alexandra, aparte de modelo, é a súa ex noiva. Na procura de respostas, chama a súa nai, a directora da revista para a que traballa, para que lle dea máis datos sobre o caso. A nai, despois de aconsellarlle que non se meta no caso, dalle unha pouca de información, co que Jon partirá na procura de Alexandra, desaparecida, para demostrar a súa inocencia, sen importar o que se lle poña por diante. Intérnase de cheo no turbio e pegañento mundo da moda, e a súa oscura faceta de alcohol, fama efímera, trastornos alimenticios, drogas... Con algúns sospeitosos como o seu ex noivo, un antigo acosador e vellos amigos da rapaza, Jon non só terá que demostrar que a modelo non matou a ninguén, senon descubrir quen é o verdadeiro asasino, á vez que itenta desenredar os seus sentimentos por Alexandra.
É un libro escrito por Jordi Sierra i Fabra, un escritor que me atrae bastante, o cal me impulsou a coller o libro.
É un libro escrito por Jordi Sierra i Fabra, un escritor que me atrae bastante, o cal me impulsou a coller o libro.