12.6.13

Grupo de teatro: Guillermo, Alberto, Andrés, Boris e Alexander

Neno- Extra, extra! O deportivo busca un novo porteiro, o vindeiro venres acudirá un tal Xosé Castro a facer as probas.
Xosé- Xa é venres, estou moi nervioso... (con cara de nervioso)
Adestrador- Acaba de chegar o novo porteiro, Enrique vai probalo. (con voz impoñente)
Enrique- Xa vou míster!
Xosé- Veña, fai o que che pete, non vas marcar. (con ton prepotente)
Enrique- Como que non? Xa verás como sí. (con determinación)
Adestrador- Deixádevos de lerias e comezade a adestrar!

(Grandes paradas de Xosé)


Xosé- Teño que irme xa, grazas por esta oportunidade.
Adestrador- Grazas a ti por vir. Queres que che leve a casa?
Xosé- Nono grazas, vivo aqui ao lado, paso polas obras e xa chego.
Adestrador- Coidado coas obras pois.

(Márchase Xosé)

Xosé- Que mal ule nesta obra... Almai!!!! 

(Xosé tropeza e crávase un ferro na man)
Xosé- Que alguén me axude! (berrando)
Home- Que che pasou? Ah!!!!! Rápido, temos que sacarche a man de aí. (voz de asustado)
Xosé- Aaaarhg!!!! (Grito de dor)
Home- Cacho burato que te fixeches! Tes que ir ao médico! Levote eu!
Xosé- Aprisa por favor!

(Na consulta do médico)

Médico- Sintoó moito, temos que amputar...
Xosé- Por que? (ton alarmado)
Médico- E que tes tétanos e como non o fagamos agora mesmo vai seguir comendo o corpo, e en vez da man será o brazo.
Xosé- Que sexa rápido por favor! (asustado)
Médico- Sintoó moito...
Xosé- Aaaaaahhh!!!
Médico- Xa está! Tómate estas pastillas cada oito horas.
Xosé- Grazas, téñolle que comunicarlle o meu problema ao míster.

(entrando no vestuario)

Xosé- Adestrador, teño una mala noticia.
Adestrador- Cóntame Xosé.
Xosé- O outro día tive un percance na man e agora xa non a teño... Non podo seguir coas probas.
Adestrador- Que dis? Iamoste coller! (desesperado)
Xosé- O sinto...
Adestrador- Non pasa nada, teño que comunicarllo aos xogadores.

(Dirixíndose aos xogadores noo adestramento)

Adestrador- Chavales, teño que comunicarvos que Xosé non pode entrar no equipo.
Enrique- Pero... Por que? Era o mellor porteiro que íamos ter en anos.
Adestrador- Tivo un percance na man e tivéronlla que amputar.
Enrique- Pois chegarei onda el nunca poido chegar.

(Anos máis tarde)

Neno- Extra, extra! Enrique Ponte ficha polo Barcelona 3 anos!!