19.6.13

O DIARIO DE NIKKI, UNHA PATINADORA MOI TORPE.

     Isto é una nena chamada Nikki que ten 12 anos e vai en 2º da ESO. Ela é una nena moi torpe e sempre anda metida en algún que outro lío. A súa enemiga chámase Makenzie.

     Un día na hora de ximnasia, a profesora comentoulle a todos os compañeiros da súa clase que se ía a celebrar un concurso de patinaxe sobre xeo, e que os gañadores tiñan que doar o premio a unha causa benéfica. Os grupos tiñan que ser de tres ou catro persoas, e Nikki tiña dous grandes problemas: non tiña unha causa benéfica e NON SABÍA PATINAR!.
Por sorte tiña dúas grandes amigas coas que contar, Cloé e Zoey, elas si que sabían patinar.

     Pasaban os días e elas seguían sen unha causa benéfica a quen doar o premio en caso de gañar o concurso, ata que un día Brandon, o seu namorado, díxolle que por falta de cartos ían cerrar a súa tenda de animai polo cal el estaba moi preocupado, e Nikki quíxolle axudar. Chegou o primeiro concurso e como xurado estaba unha grandísima patinadora. Por sorte a tremenda irmá de Nikki, Brianna axudoulle a gañar o primeiro concurso...Como?
Pois entretendo ao xurado, e xusto o final cando acababan de poñen unha pose expectacular, o xurado quedou sorprendido do boa que foi a actuación.

     Chegou o seguinte concurso e gañaron tamén coa mesma estratexi, ata que no último concurso Makenzie as encerra nun provador e impide que gañen. Cando elas pensan que esta todo perdido aparece Brandom e acude a salvalas....

A min pareceume un libro entretidísimo e encantoume!