24.6.13


Historias para ler e mirar:
É un libro editado pola Xunta que recolle catro relatos, dous deles son:
A viaxe, de Breogán Riveiro parte do premio que por ter deixado de fumar se regalou a si mesmo o pai de Suso: un GPS. Para estrealo montaron no coche e deixáronse guiar por el deica o supermercado, a trescentos metros, e mesmo marcharon a Santiago para xantar nun restaurante xaponés pescado cru. Na estrada, soluciónabanlles os problemas os indicadores sen necesidade do GPS, e na cidade apareceron rúas con dirección prohibida e mesmo unha peonil, polo que chegaron ao restaurante preguntándolle a unha muller. El non o quixo usar máis. Agora úsao a avoa para os seus paseos e os vellos do parque devecen pola voz feminina que se escoita indicándolles o rumbo.
Fran Alonso entra no Café Tropical, un Café virtual ao que vai a xente para cumprir os seus anceios, persoas solitarias como o Velliño (que coa súa longa tristura de elefante dicía vir do País dos Soños), a Personaxe (unha nena alegre e divertida que quería ser Persoa e non habitar só nas narracións) ou o Cazador de Bolboretas Brancas. Ten unha Máquina que cumpre todos os desexos. O Neno é quen mellor a manexa, o Rei da Máquina. Decide cambiar o Café e as persoas: cambia as flores de plástico por ladrillos e espellos; as bolboretas por escaravellos, e a todos os personaxes clientes do local. Mesmo se converteu a si mesmo nun periquito. E todo cambiou na realidade. Un periquito sobrevoou aquel lugar horrible. Algún día, co seu canto, volverían agromar as flores de plástico e entraría unha bolboreta. Se cadra, todo volvería ser real.



A sombra descalza:
E un libro de An Alfaya que conta a historia de Elsa , unha nena de dezaseis anos que vive dende pequena nun continuo espazo de secredos familiares.
A irma da súa avoa, Sagrario, vaga sempre descalza e sen dicir nada, nunca fala con ningue e come as sobras que os de mais deixan. Cando morre, Elsa pide explicacios, quere saber que foi o que fixo para ter un castigo tan grande.
O seu avó contalle. O dia do cumpreanos de Sagrario, por causa da guerra civiil atacaron a cidade, e morreu moita xente. Sagrario apareceu enton cun vestido caro e novo e uns bonitos zapatos, ninguen sabía de onde os sacara en enton dixo que a moza aq que llos quitou non os ía necesitar estando morta.
Aquela accion costarialle o andar descalza toda a vida.