Máis longa cunha serpe
non a quero nin mirar
a angustiosa ringleira do INEM
isto ten que rematar!
A longa ringleira non vai rematar
máis teño que gañarme o pan
ante esta situación de tortura
algúns teñen que emigrar.
Ladróns e farsantes temos por gobernantes
fan promesas falsas a xente.
A política non lles serve
aos que a súa terra perden.
Adeus familia, adeus miña terra
adeus, miña vida
teño que marchar para combatir esta guerra
nunca máis curara esta ferida.