Obrigado a buscar un futuro mellor.
Dende o avión vese unha paisaxe fermosa
lugar que botarei de menos
na miña nova vida .
Tan só cunha maleta cheguei
a unha grande e fermosa cidade.
Pero ninguén estaba conmigo
encontrábame só no medio do ruido da cidade.
Unha vida dura esperábame,
pensei na familia e rompín a chorar
pensando cando os volvería a ver,
moitos recordos deixados atrás.
Vida nova e cousas por descubrir.