Mostrando entradas con la etiqueta 3A. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3A. Mostrar todas las entradas

20.5.14

Feminismo no sec XIX

Desde o séc XVII poucas mulleres publicaron libros, debido ao feminismo ou ao machismo; talvez polo medo de que as mulleres foran máis intelixentes ou que  tivesen  máis capacidades ca eles. Aínda que no séc XIX aumentaron as mulleres que publicaron libros, non eran suficientes.
As dúas máis coñecidas son Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán que se abriron un camiño no mundo dos libros e da publicación.
Aínda hoxe en día segue existindo ese machismo e o rol incerto da muller.

8.5.14

SEGUINDO A ROSALIA

  Vanse, sen falar do esforzo
   que en Galiza hai que facer
    para ter unha boa vida
    e unha familia á que manter.

   Vanse buscando boa vida,
    deixando a terra e a familia
     sen saber cando volverán,
     nen a vida que terán.

     Tantos recordos de pequenos,
     tantos soños sen lograr,
                                                                                         nos nacemos en Galiza
                                                                                         e de aquí non queremos marchar.
                                                           
                                                                                         Só espero unha cousa,
                                                                                         aínda que teña que marchar,
                                                                                         un bo sentimento
                                                                                         en Galiza deixar. 

O día que marchaches.

 O DÍA QUE MARCHACHES.


O día que marchaches
o meu corazón partiu,
soa me deixaches
e non sei que facer sen ti.

Se un día volves,
terasme aquí
agardareite mil anos
sen resistir.

Ata pronto meu amor. 

POEMA SOBRE A EMIGRACIÓN

                                                          MEU AMIGO QUERIDO


Vaste lonxe meu amigo 
a unha terra descoñecida, 
buscando un novo comezo
apartado da túa familia.

Cando volverás meu amigo?
Cando volverás á túa terra?
Aquí bótaseche de menos,
aquí morremos de pena.

Espero que esteas ben meu amigo 
nos sei cando volverás,
aquí te espero eu
para sempre xamáis.

poema dedicado a emigración
feito por:antia saabedra gómez
e carlota núñez longueira

23.4.14

Rosalia de castro

Has de cantar
meniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.


-Cal é o eu poético?
 Rosalía de castro.

-Cal é o argumento ou tema?
O cantar.

-Ten que ver coa realidade galega?
Non porque o cantar galego non é tan desexado como antes.



                         

9.3.14

Ana Kiro

Aquí temos a María Dolores Casanova, tamén coñecida como Ana Kiro, unha muller que tivo que abrirse camiño nunha industria machista como a discográfica.

-Bos días Ana, moitas grazas por asistir a´entrevista. Empecemos pola primeira pregunta:
- como comenzou a túa carreira?

-Pois, nese momento, traballaba nunha tenda de roupa e vendía xabón a domicilio ata que empecei no mundo da canción facendo actuacións onde puidese.

-Teño entendido que participou no proceso de selección de Eurovisión, é certo?

-Si, presenteime coa canción "Vivo Cantando" e a aceptaron pero escolleron como intérprete a unha artista chamada Salomé.

-Podería contarnos algo sobre a súa familia?

-Eu son a menor de tres irmás e a miña nai foi garda civil. Cando tiña dezaseis anos participei nun concurso de canto e gañei, pero ao volver a casa atopeime coas miñas cousas empaquetadas é a miña nai ameazandome con partirme as pernas.

-Ata aquí a entrevista, moitas grazas polo seu tempo.

6.3.14

A entrevista coa nosa salvadora, María Pita

Temos o gusto de coñecer e falar coa salvadora de A Coruña, María Pita.

P-Bos días. Grazas por vir a falar connosco. É un pracer. Vamos coa primeira pregunta, teño escoitado que o teu nome realmente non é María Pita, é verdade?

R- Si é verdade, o meu nome é moito máis longo e a min gustame máis o curto.


P-Ti traballaches realmente na tenda dos teus pais?


R- Si gustame axudar aos que quero e sobre todo os meus pais.


P- Tanto gustache axudar, que axudaches a túa cidade no ataque dos ingleses non?

R- Gústame axudar como dixen antes e a miña cidade era importante, e non quería consentir que fora atacada polos ingleses e intentei axudala como puiden.


P- O teu primeiro casamento foi no ano 1581, casache con alguén máis?

R- Casei con outros tres homes máis, dous deles carniceiros, outro capitán e o último escudeiro.


P- Ten moitos procesos xudiciais, é unha persoa... por dicilo de algunha maneira "problemática"

R- Non, tiven bastantes problemas económicos e moitos deles por débedas, tiven un problema cunha acusación de asasinato pero fora mentira.


P- Por último e xa rematamos, na sua vida tivo moitas historias, cal foi a historia da que esta máis orgullosa?

R- A máis importante foi a defensa da miña cidade do ataque inglés. Foi moi importante para min.


Moitas grazas por vir a falar con nos. Espero volver a vela, un pracer.

Grazas a vós.


Emilia Docet

Emilia Docet naceu no ano  1915 na localidade Viguesa e morreu no ano 1995.
Con tan só 17 anos Emilia Docet foi  miss España e  estaba implicada no PG(partido galeguista).
Aparte de todas as obligacións que tiña  encantáballe  o deporte,como natacións ou ir de excursión; ata xogou un partido de jockey.
Cando rematou a súa carreira  profesional dedicóuse a traballar nun laboratorio e casou co seu amor verdadeiro Francisco Novoa.




-Ola, señorita Emilia.Primeiro dicirlle que emocióname que nos conceda esta entrevista.
 Nótase que é unha partidaria galeguista e Viguesa.

-Pois sí,moi orgullosa de ser Viguesa e partidaria de actos públicos.

-Tivo moita sorte de  ser Miss España con tan só 17 anos,ou nón?

-Sí,aínda que houberame gustado ser Miss Europa.

-Aparte do seu traballo e as súas ocupacións que lle gusta facer?

-Encántame a natación, o senderismo...supérome dia a dia,ata unha vez  xoguei un partido de jockey.

-Cal é o seu equipo favorito?

-O Celta.

-Vexo que para o deporte e para elixir mozo como o seu marido Francisco ten ustede moi bo gusto.
Espero que pronto me volva a conceder outra entrevista.

-Sera un pracer,moitos bicos.

29.1.14

Quen hai detrás?

Esta rapaza, é unha cantante e actriz delgada aínda que un pouco porca.
Recoñecémola polo seu pelo loiro e moi curto coma un ourizo cacho. Á parte de ter a boca torcida, anda sempre coa lingua por fóra como unha vaca despois de remoer. Pero ademáis os seus ollos azuis parecen un pouco birollos.
Tamén asemella que  anda necesitada de roupa, debido a que sempre aparece con roupa interior ensinando demais.



                                                                                                                   Miley Cirus♥




Silvia López Castro e Raquel Vallo Miguel 3ºA 

QUEN ESTÁ DETRÁS?

É  un actor coruñés esaxeradamente  guapo e xoven.
Traballou en moitas series (entre elas os "homes de Paco") e películas moi famosas(entre elas a de "Grupo7") ,pero cando ten un descanso na  súa vida laboral viaxa a súa terra, a Coruña para disfrutar das maravillosas praias.

Ten uns ollos pequenos coma dúas formigas,e unha sonrrisa tan grande e bonita como o arco da vella.
O seu corpo perfecto coma se o esculpiran os deuses.
É tan  moreno coma mel que os raios do sol relucen na súa pel.








Victoria Suárez Gabarri
Antía Saavedra Gómez

Quen está detras??

Actor de 49 anos, divorciado con dous fillos.
Mide uns 1.75 m pesa uns 93 kg e de contextura mediana ten o pelo castaño oscuro polos ombros, pel branca, xeralmente leva bigote cunha pequena barba e ten dous dentes de ouro.
E unha persoa tímida, tranquila e simpática en confianza.
Gústalle moito ler e ver películas antigas en branco e negro.
Apasiónalle a música, sobre todo a rock e lle encanta tocar a guitarra.

20.1.14

Verin

       Verin está localizado no sureste da provincia  de Ourense.E surgío a partir dunha vila romana.
      Ao seu redor encontrase  Ourense(a cidade do ouro),Xinzo de Limia(debido ao río Limia),Chaves(diversos escudos desta localidade portuguesa amosan dúas chaves) é Ribadelago.
    É  moi coñecido o seu monumento, o Castelo de Monterrey e tamén as súas festas como o antroido e  o traxe tradicional,o cigarrón.