23.10.11

Cartas de Inverno

Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao regresa a Santiago de Compostela e atopa unhas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia.

Nelas cóntalle que mercou unha casa que está encantada. Ao comezo Adrián tomao todo coma unha brincadeira: chamadas telefónicas e mensaxes no fax pedindo axuda. Pero todo é diferente cando nun cuarto da casa atopa un libro de gravados, nel encontra un gravado sen título, no que aparece unha rapaza mirando pola fiestra, que vai mudando de lugar.

Adrián comeza a ter moito medo, e descubre que a habitación na que se atopaba aquela rapaza era un cuarto da súa propia casa que fora tapiado. Cando o rompe atópase cunha porta de ferro, na que hai un ser extraño e malvado.

Despois de ler todas as cartas do seu amigo, Xabier decide ir a axudalo, pero naquela casa os dous amigos terán que enfrontarse a sucesos e misterios moi extraños. Dos que a irmá de Xabier, Tareixa terá que resolver sen a axuda de ninguén.


Por iso, se vos gusta o misterio, a intriga e o terror, esta é a novela axeitada.


E se queredes saber algo máis sobre o autor e o libro premede aquí.


_____Laura Sabugo Canosa____3ºA