23.10.11

Que te angustia Nuria?

Nuria é unha rapaza de doce anos cando os seus pais se separan. Ela e mais os seus irmáns pásano moi mal. Pasado dous anos, cando todo volvera á normalidade, a nai de Nuria cominícalles que ten un mozo e queren vivir xuntos nunha nova casa. Nuria se sente fatal, e ponse en contra da súa nai e dos seus irmáns, que estaban dacordo coa decisión que tomara a súa nai. Nuria intenta fuxir da realidade, actitude que a leva a ter moitos problemas coa súa familia.


A min a decisión que toma Nuria non me parecue adecuada, as veces o mellor é afrontar os problemas de cara e non agocharse por medo ao que poda pasar. Eu nunca estiven nunha situación similar polo que non podo opinar sobre a forma en que me conportaría eu.


_Ana Vázquez Ucha_ 3º ESO.