17.1.12

Cantas linguas falamos?

Entra nesta webquest e intenta responder http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/caza/soporte_derecha_c.php?id_actividad=80&id_pagina=2

Pode internet influír no uso das linguas?
http://portal.cruzeirodosul.inf.br/acessarmateria.jsf?id=367026


Morte dunha lingua
Morre a última falante dunha lingua nativa do estado norteamericano de Oregón
Gladys Thompson, a última falante dunha das linguas nativas (o kiksht) do estado de Oregón, nos EUA, morreu aos 97 anos de idade. Naceu na reserva india de Warm Springs en 1915 e aprendeu o kiksht dos seus pais. O Goberno de Oregón condecorouna no ano 2007 pola súa contribución á preservación da cultura nativa.

Fonte: OPB News


Dúas linguas indíxenas do Estado de México están en risco de desaparecer

Dúas das cinco linguas indíxenas do Estado de México, a matlazinca e a tlahuica, atópanse en risco de desaparecer, pois a primeira conta con 909 falantes, mentres que a segunda ten 719.



A lingua uzbeka desaparece en Kirguizistán

As autoridades de Kirguizistán pretenden eliminar a lingua uzbeka da vida pública por completo. De feito, notificouse o peche de escolas uzbekas do sur do país, así como o cambio de moitas delas a escolas con currículo exclusivo en kirguiz.

Morre o último falante dun antigo dialecto escocés

O último falante dun antigo dialecto escocés morreu aos 92 anos. Os lingüísticas din que o dialecto cromarty agora sobrevive só en gravacións.
Fonte: BBC

Unha antiga lingua árabe podería desaparecer

Unha antiga lingua árabe falada por unhas 60 mil persoas nunhas remotas e dificilmente accesibles montañas do suroeste de Arabia Saudita está en perigo de desaparecer pola emigración dos seus habitantes cara ás grandes cidades.

Falece a última falante dunha lingua nativa dos EUA

A última falante nativa coñecida da lingua klallam, que o Goberno dos Estados Unidos tentou eliminar gradualmente antes de financiar un plan para preservala, faleceu no estado de Washington, dixeron amigos e líderes tribais.

Un estudo da UE revela que o inglés é a lingua franca dos europeos

Un informe da Unión Europea revelou que o inglés se converteu na lingua franca de todos os países europeos e que dous de cada tres cidadáns teñen un coñecemento aceptable de inglés.

Cabo Verde introduce a aprendizaxe bilingüe de crioulo e portugués

A introdución dun proxecto bilingüe de aprendizaxe en lingua portuguesa e crioulo caboverdiano constitúe unha das novidades do ano lectivo 2013-2014. O Ministerio de Educación do arquipélago caboverdiano revelou que se trata dun proxecto innovador que pretende introducir a lingua materna caboverdiana no sistema educativo sen esquecer o perfeccionamento do ensino da lingua portuguesa.