19.1.12

Chamábase Luís

Hai pouco collín este libro na biblioteca, pareceume un libro que ensina moito da vida, dos contratempos que podes ter por meterte en sitios que non debes. Luís é viúvo, ten dous fillos de oito e trece anos e é drogadicto. A historia é contada por a súa familia é mostra o desexo que todos ten a que acabe coa súa vida e deixe de estar sufrindo el e facer sufrir aos demáis. Ten varios xuízos abertos por roubos, non é mala persoa pero o fai para poder pagarse un pico, non quere facerlle mal a ninguén pero é unha cousa que necesita e que sen ela non pode estar. A súa nai, Rosa, está desesperada pola súa situación; é empregada doméstica e traballa oito horas ao día. Ten outros tres fillos, un deles xa morto por unha sobredose facía pouco tempo. Ela tiña a esperanza de que Luís ao ver morrer a seu irmán deixara ese mundo, pero o seu empeño non serviu de nada.

É unha historia moi triste pero apaixonante, a min gustoume moito e paréceme que vale a pena lelo.

Ana Vázquez Ucha. 3-B