19.1.12

Unha historia familiar




A protagonista desta historia chamase Gretchen. É unha rapaza de 14 anos, filla maior da familia Sakmeier, coñecidos na veciñanza como os "sacos", pola sua manifesta obesidade. Todo transcorre con normalidade ata que a nai toma unha decisión : adelgazar e poñerse a traballar. Este suceso será o activador dunha serie de cambios tanto nas relacions familiares coma na propia vida de Gretchen.
A historia persoal de cada personaxe é un exemplo de como cada un se adapta a unha sociedade en constante evolución, na que día a día hai que loitar contra a intransixencia e a inxustiza, e contra os nosos propios medos e temores ao cambio.




SAMUEL BARRALLOBRE RODRIGUEZ